28 febrero 2010

Aprendemos novas palabras

¡Moitas Grazas! ¡pola vosa colaboración nestes primeiros días do noso Proxecto!
Aqui podedes ver a nosa caixa pirata que xa comeza a ter un montón de recursos para empregar na nosa investigación, Zaira trouxun parche, un garfo e unha bandeira pirata que nos foi de moita axuda e a través dos contos coñecimos moitas palabras novas que imos anotando na nosa pizarra.

Unha de esas novas palabras e a palabra : MOTE. Como sabedes os piratas sempre teñen motes como : o pirata cara de lata, o pirata pata de pao... por iso nesta semana e ca vosa axuda os nenos e nenas de 3 anos deben buscar a seu MOTE PIRATA ca vosa axuda para despois facer un mural na nosa aula.

Premede enrriba da foto para ver todas as que hai.

Agradézovos de anteman a vosa colaboración.
Unha aperta moi forte.
Comezo do Proxecto

No hay comentarios:

Publicar un comentario