28 abril 2010

Canción da Primavera

Os nenos e nenas de Educación Infantil estamos a aprender esta canción traducida ó galego. Adxunto o video orixinal.

22 abril 2010

Comezo do proxecto da Primavera





Ca chegada da primavera as aulas de infantil da nosa escola están cheas de proxectos e novas actividades.

Comezamos cun proxecto sobre Van Gogh, aproveitando que o fantástico pintor estaria de aniversario a finais de Marzo decidimos aprender un pouco sobre a súa vida e a súa arte e comezamos polo seu famoso cadro: "Los Girasoles".
Aproveitando que a primavera é a estación do ano das flores, é un fastantico elemento motivador para comezar.

Aprenderemos distintas técnicas plásticas e faremos unha exposición no corredor da escola.

21 abril 2010

Contos en Cantos

A pasada semana viaxamos en autobús ata Cangas para ver este fantástico espectáculo musical cheo de cancións en galego que acompañan a preciosos contos.

Recomendamos este grupo para calquera idade:




15 abril 2010

taller de Cociña


Nestas semanas comezaremos a traballar no noso taller de cociña.
As receitas que levaremos a cabo son:

NENOS E NENAS DE 3 ANOS:
" GALLETAS DE QUESO"

Ingredientes:
- 100 gramos de fariña
- 50 gramos de manteiga
- A yema dun ovo
- 5 tazas pequenas de auga fría
- 75 gramos queso rayado Cheddar
PASOS:

1. Tamizar a fariña nunha cunca grande e engadir a manteigaa cortada en anacos.
2. Amasar cos dedos a fariña e a manteiga ata que quede como miga de pan.
3. Mezcla a yema de ovo e a auga nunha cunca pequena. Sacar dúas cucharadas para unha taza e gardar para máis tarde.
4. Votar a mitade do queixo na cunca grande. Verter a mistura de ovo e facer unha masa.
5. Comprimir a masa nunha bola e cubrir con film transparente. Gardar no frigorífico 30 minutos.
6. Espolvorear fariña na superficie de traballo. Estirar a masa cun rodillo.
7. Cortar a masa en diferentes formas e colocalas na bandexa do forno.
8. Cun cepillo bañar as formas ca mezcla de ovo restante e cubrir co resto de queixo.
9. Hornear as formas durante dous minutos ata que esten douradas. Deixalas sobre unha rexilla para enfriar.
NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS
"GALLETAS DE MANTEIGA"
Ingredientes (para 8 galletas)
- 50 gramos de manteiga
- 25 gramos de azucre glas
- 1 taza de té de leite
- Esencia de vainilla
- 75 gramos de fariña
PASOS:
1. Poñer a manteiga dentro dunha cunca grande e remover. A continuación tamizar o azucre glas por enrriba e mezclar.
2. Engadir a leite e unha gotas de esencia de vainilla. Mezclar todo na cunca.
3. Tamizar a fariña na cunca e mezclar todo. Apretar para facer unha bola de masa.
4. Espolvorear fariña sobre a superficie de traballo e estirar a masa.
5. Cortar a masa en diferentes formas. Engrasar a bandexa do forno e colocar as formas de masa.
6. Hornear as galletas de seis a oito minutos e deixar enfriar para despois decoralas.