27 septiembre 2010

Este foi ó mar

Empezamos novo curso e este ano seguiremos aprendendo cancións, ditos e recitados en galego, aí vos vai o primeiro:

Este foi ó mar e non pescou nada.
Este foi ó mar e pescou unha pescada.
Este quedou en terra e lavouna ben lavada.
Este quedou en terra e fixo unha caldeirada.
E este lambón, lacazán... ¡papouna, ben papadA!



Explicación:
O adulto vaille collendo os dedos ó/á neno/a dende o máis pequeno ó máis gordo

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada