20 marzo 2011

Música Clásica: Pedro y el Lobo

Toda a música ten a súa base na música clásica por iso, é importantísimo traballala na escola infantil, esta semana comezaremos a traballar cun conto chamado "Pedro e o Lobo" onde os nosos nenos/as aprenderán distintas melodías clásicas e distintos instrumentos da orquesta, esperamos que vos guste. 
Unha aperta.  



10 marzo 2011

A nosa Charca Fonte de Vida - O entroido

A celebración do Entroido no CEIP Espiñeira-Aldán resultou fabulosa, todos os nenos e nenas da escola preparamos un disfraz en relación coa nosa Charca da escola a que por certo, xa ten blogue onde podedes ver todas as especies que imos atopando nela, a súa preparación, evolución...etc.
A dirección deste Blogue é: http://acharca.blogspot.com/.
Aquí tedes a foto de grupo de toda a escola disfraza e coma sempre podedes ver e descargar todas as fotos no enlaces, á dereita do blogue.
Unha aperta

01 marzo 2011

Orde do noso Meco

LUNS: GRAVATA
MARTES: NO PÉ DEREITO UN ZAPATO E NO PÉ ESQUERDO UNHA ZAPATILLA DEPORTIVA
MÉRCORES: SOMBREIRO
XOVES: UN MANDIL

Léxico e Receitas do Entroido


Pincha na imaxe e atoparás deliciosas receitas e léxico básico para aprender sobre o entroido.
Enlaces de Recursos-Caretas pincha na Careta da Bolboreta: