15 octubre 2012

ZAPATOS CON LUZ PROPIA

Hoxe na asemblea chamáronnos a atención os tenis de Mara.
Alumeaban de vez en cando e decidimos que Mara dera un paseiño para ver cando se acendían.
Alumeaban ao camiñar, pero sobre todo ao saltar!!


Logo comezamos a observar os nosos zapatos para ver se tamén tiñan luces e descubrimos que os tenis de Xiana tamén as tiñan!!

Apagamos a luces da clase, cerramos as persianas e pasámolo xenial vendo os "destellos" de luz dos seus zapatos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario