23 noviembre 2012

POLA IGUALDADE DE XÉNERO

O  vindeiro domingo conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.


Nós, adiantámonos á data e hoxe celebrámolo como mellor sabemos celebrar o que nos importa:
Contando un bo conto cun significado moi especial:

ROSA CARAMELO


 

E cantando esta canción que o di todo:

"SE ACABARON LAS LÁGRIMAS"

19 noviembre 2012

SEMENTAR, SEMENTAREI...

Despois de mes e medio desde a nosa plantación de landras




E do regadío semanal que facemos con moito agarimo



Por fin!! xa comezan a saír os primeiros xermolos...


...en realidade  ún, pero de seguro que non está só.
 AY QUE ILUSIÓN!!!!!!!!


16 noviembre 2012

LARPEIROS/AS

Esta semana, o alumnado de E.I quixemos homenaxear á nosa querida castaña meténdonos "mans á masa" para cociñar unha "TORTA DE CASTAÑAS", non sen antes pasar polo supermercado xaquelogo non dispoñíamos de todos os ingredientes.
Unha vez revisados,  puxémonos en camiño
E mercamos o que nos faltaba: ovos, fariña e azucre (xa que as castañas foron proporcionadas polas familias).

Velaquí vos deixamos un resumo en imaxes desta grata experiencia que, sen dúbida, nos deixou un  DOCE SABOR DE BOCA!

14 noviembre 2012

A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA

Aquí vos deixamos este conto tan simpático e que tanto nos gusta


O OUTONO

Os nenos e nenas de E.I descubrimos o outono con tódolos sentidos e de tódalas maneiras


  • manipulando e degustando froitos secos (texturas e sabores),




  • confeccionando un mural do outono



  • escoitando e bailando cancións tradicionais e clásicos da música

                         (fai clic nesta foto de VIVALDI para escoitar a música)
  • e preparándonos para a gran festa do Magosto que celebramos por todo o alto cos nosos gorros e cornetes de castaña!!












07 noviembre 2012

ANIVERSARIO MIGUEL

O AGRADIAZO DE HOXE FOI MIGUEL, POSTO QUE ESTABA DE ANIVERSARIO CUMPRINDO 3 ANOS.
PAPELOTE ENVIOUNOS OUTRA COROA QUE DECORAMOS CON MOITO GUSTO!


CON TANTO BISCOITO, NON DUBIDAMOS EN COMPARTILO CO RESTO DOS NENOS/AS DE INFANTIL.


SOPRAMOS AS VELAS...



 E A COMER!!!!



MOITAS FELICIDADES MIGUEL!!!