05 diciembre 2012

VAIA SORPRESA!

Hoxe á hora de ir á biblioteca atopámonos cunha gran sorpresa....


ESPIÑEIRIÑA!!!!!!!!!! case nunca se deixa ver polo cole pero hoxe tivemos sorte!! Ay que bonitiña é!!!


01 diciembre 2012

PROXECTO "O APALPADOR"

Esta semana estivo chea de sorpresas.
O martes atopamos polo corredor do colexio a figura dun persoaxe, descoñecido ata o momento, que nos formulaba a seguinte cuestión : ¿QUEN SON?


Ao seu carón un sobre cunha mensaxe  "Ver ordenador da profe Carmen" 


E alí nos diriximos para descubrir un conto titulado "O Apalpador".



Comezamos así o primeiro proxecto de investigación do curso respondendo a "que sabemos" "que queremos saber"  e "onde imos buscar a información" (neste último as familias representades un recurso especialmente importante).


Grazas ás vosas primeiras aportacións compartimos a información co resto dos compañeiros e atopamos resposta a algunhas incógnitas.




O proxecto xa está en marcha!!!!!!