01 diciembre 2012

PROXECTO "O APALPADOR"

Esta semana estivo chea de sorpresas.
O martes atopamos polo corredor do colexio a figura dun persoaxe, descoñecido ata o momento, que nos formulaba a seguinte cuestión : ¿QUEN SON?


Ao seu carón un sobre cunha mensaxe  "Ver ordenador da profe Carmen" 


E alí nos diriximos para descubrir un conto titulado "O Apalpador".



Comezamos así o primeiro proxecto de investigación do curso respondendo a "que sabemos" "que queremos saber"  e "onde imos buscar a información" (neste último as familias representades un recurso especialmente importante).


Grazas ás vosas primeiras aportacións compartimos a información co resto dos compañeiros e atopamos resposta a algunhas incógnitas.




O proxecto xa está en marcha!!!!!!











 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada