30 diciembre 2013

DESCUBRINDO O CORPO

PORQUE NON NOS CANSAMOS DE INVESTIGAR E VIVENCIAR AS NOSAS APRENDIZAXES DE FORMA DIRECTA...




...ESTA VEZ DESCUBRIMOS O FUNCIONAMENTO DOS PULMÓNS CON ÓRGANOS REAIS DUN AMABLE  PORQUIÑO QUE NOLOS PRESTOU.


ANIVERSARIOS 1º TRISMESTRE

ESTE TRIMESTRE CUMPRIRON ANOS:

CRISTIAN

NICOLÁS
MARÍA
MIGUEL

NUNO

MOITÍSIMAS FELICIDADES A TODOS E TODAS E GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO ESE DÍA TAN ESPECIAL!!!

17 noviembre 2013

MAGOSTO 2013

Un ano máis, celebramos o Magosto na compaña dos nenos, nenas, familias, profesores, profesoras,... e como non, arredor da raiña da festa....A CASTAÑA.
Así de ben o pasamos!!

OS CONTOS DE SARA: "A MERLA E O RAPOSO"


UNHA CONTACONTOS MOI ESPECIAL

A nosa amiga Sara sorprendeunos xa hai unhas semanas co seu talento!!!!
Xunto a ela debuxamos, pintamos, cantamos e desfrutamos da súa faceta como contacontos.



Podedes facer click no vídeo para ver un dos contos de títeres que tanto nos gustaron:

  "EL CASTAÑO TOÑO"


12 noviembre 2013

A CREATIVIDADE NON PARA!!!

Tras a lectura do conto "A Tartaruga que quería durmir" o alumnado de 4-5 anos, cheos de creatividade, representamos con plastilina á protagonista da historia e o hábitat.



27 octubre 2013

25 OUTUBRO: ANIVERSARIO DE ESPIÑEIRIÑA

Tras recibir unha invitación polo aniversario de Espiñeiriña, as aulas de E.Infantil pensamos nuns agasallos especiais para ela.
A aula de 3-4 agasallámoslle cunha serie de postais de felicitación cos nosos mellores desexos:



E a aula de 4-5 escribimos unha poesía de outono do máis fermosa para Espiñeiriña:



O día do seu aniversario fixémoslle entrega dos agasallos que elaboramos e celebrámolo por todo o grande cun gran biscoito!!!
Para non perder detalle desta celebración, visitade o blog da nosa BIBLIOTECA

16 octubre 2013

UN CONTIÑO DE OUTONO


UNHA NOVA AMIGA!!!

Desde o pasado luns 14, acompañaranos en E.I a PROFE SARA que permanecerá con nós dúas semaniñas. Durante este tempo, esperamos compartir moitas aprendizaxes, emocións e experiencias novas!!

BENVIDA SARA!!


DAMOS A BENVIDA AO OUTONO!

A medida que pasan os días, o Outono xa se está deixando ver na paisaxe, e no tempo!!!

Ademais, tras visitar a Espiñeiriña, a nosa amiga pediunos axuda para montar o seu outono no colexio.
Así que, fomos recoller algunhas folliñas de outono para estampalas no mural.








Tamén estivemos coñecendo algúns froitos deste tempo; e proveitamos  para observalos, tocalos, ulilos e manipulalos, para non perder detalle.






07 octubre 2013

A BIBLIOTECA DE ESPIÑEIRIÑA!!

Este mes de outubro é O MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e por iso aproveitamos para facer a nosa primeira vsita oficial do curso.




Fíxonos moitísima ilusión, pois alí nos agardaba Espiñeiriña!!!( a mascota na nosa biblioteca)
Para saber máis sobre a nosa visita, podedes visitar o blogue da BIBLIOTECA facendo click! na imaxe de abaixo:

06 octubre 2013

O COLEXIO DE ESPIÑEIRA

Tras realizar unha excursión polas dependencias do noso cole, coñecemos aos diferentes profesores/as e demais persoal que traballa nel!

Por iso, cámara de fotos en man!, quixemos facerlles unha homenaxe e elaborar un mural do colexio con todos eles e  nós, claro está!!!


Pronto estará listo!e poderedes desfrutar e coñecer un pouquiño máis o interior do CEIP.ESPIÑEIRA.


...AQUÍ ESTÁ!!!!!!


04 octubre 2013

OVOS DE PASPALLÁS???!!!!

O pasado 20 de setembro LÍA de 1º EP tróuxonos da súa casa uns ovos de Paspallás (o que coñecemos coma codorniz)  para que observáramos como eran......

 Qué pequeniños!!!!!!!!



Depois, buscamos en Internet cómo eran e debuxámolos no niño xunto cos seus oviños: