14 marzo 2013

RECUNCHO DA CIENCIA LEBORIZ

XA DISPOÑEMOS NA AULA DUN ESPACIO PROPIO NO QUE DESENVOLVEREMOS O MÉTODO CIENTÍFICO NA BÚSQUEDA DE RESPOSTAS ÁS NOSAS PREGUNTAS.


ESTE RECUNCHO NACE DO TRABALLO "INTERCENTROS"  QUE ESTAMOS A REALIZAR NESTE COLEXIO XUNTO CO CEIP CASTRILLÓN-COIRO E O CEIP VALLE INCLÁN DE VIGO. ADEMAIS CONTAMOS CO APOIO E A  ESTREITA COLABORACIÓN DA UNIDADE DE CULTURA CIENTÍFICA DO CSIC EN GALICIA "O INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN DE CIENCIAS MARIÑAS" (IIM)  E O LABORATORIO "LEBORIZ" QUE, ADEMAIS DE DAR NOME AO NOSO RECUNCHO, DONOU GRAN PARTE DO MATERIAL DE LABORATORIO DO QUE DISPOÑEMOS NO RECUNCHO: GAFAS DE PROTECCIÓN, GUANTES, BATAS, PIPETAS, TUBOS DE ENSAIO, PINZAS, PLACAS PETRI,...
COMEZAMOS ASÍ UNHA NOVA ANDAINA POLO MUNDO DA INVESTIGACIÓN, A FORMULACIÓN DE HIPÓTESIS E A EXPERIMENTACIÓN QUE NOS GUSTARÍA COMPARTIR CON VÓS, AS FAMILIAS.
POR ISO NAS PRÓXIMAS SEMANAS POÑEREMOS EN CIRCULACIÓN UN MALETÍN MOI ESPECIAL NO QUE TEREDES A OPORTUNIDADE DE COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA COS VOSOS FILLOS E DEIXAR CONSTANCIA DO VOSO PASO POLO MUNDO CIENTÍFICO.
A INVESTIGAR E A DESFRUTAR!!!!!!!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada