25 abril 2013

REGAMOS A HORTIÑA

Despois destes días de sol e calor decidimos refrescar as plantiñas que xa están a medrar na horta.








PLANTAS DO MAR

Hoxe, comezamos o día localizando o mar no mapa e o océano que baña as nosas prais: "o Océano Atlántico"

Tamén observamos algunhas  "plantas do mar" chamadas ALGAS:

Tocámolas, ulímolas, ...


...e descubrimos que son de diferentes formas, tamaños, texturas e cores:



Entre as algas atopamos algúns animaliños escondidos: caracois mariños e a cuncha dunha ameixa!





Ademais, María tamén nos trouxo a cuncha dunha ostra e un anaquiño de coral que comparamos co que trouxo a profe.  Descubrimos que non son plantas senón animais!!!! son duros, brancos e "pinchan"  pero non teñen ollos, nin orellas nin boca??!! que raros!!!!



Mara trouxo un libro sobre o mar no que identificamos os corais e algas que vimos e algúns animais que viven no fondo do mar.





23 abril 2013

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro cunha experiencia marabillosa na que o alumnado de primaria e infantil compartiron  a hora de lectura xuntos.
Coa mellor compañía e nos lugares máis insospeitables e recantos máis acolledores , non só compartiron historias, contos e peripecias senón tamén un momento único no que interactuar.
NON HAI MÁIS QUE VELOS!!!













17 abril 2013

VISITANDO A HORTA

Hoxe visitamos a nosa horta e vimos como van medrando as pataquiñas que plantamos


Tamén aproveitamos para plantar algúns feixóns que nos quedaron nos semilleiros

que ben se nos dá isto de ser agricultores!!!!



12 abril 2013

ANIVERSARIO XIANA

Hoxe, Papelote tróuxonos unha coroa  para XIANA, quen mañá estará de aniversario e cumprirá 4 anos. 
Pegamos gomets de moitas cores para decorar a coroa de aniversario




E cantamos e bailamos para celebrar a ocasión como se merece!!



E antes ou despois nunca falta un delicioso biscoito!!


Xa eres toda unha nena maior!
MOITAS FELICIDADES XIANA!!!!!


11 abril 2013

BICHIÑOS DA CHARCA

A charca do colexio está chea de vida!!
Puidémolo comprobar, observando algunhas crías de píntega, e case todos os estados de metamorfose da  rá.




COMEZAMOS PROXECTO!!!

Aproveitando o grande interese que están amosando os alumno/as polos elementos e animais do mar, propuxémonos iniciar un novo proxecto que titularemos: "El mar y animales Marinos"

Que sabemos, que queremos saber e onde buscar información é o comezo deste proxecto:


Grazas familias, por formar parte del e aportar todas estas curiosidades sobre o mar !!
Non deixedes de enviarnos obxectos, libros, curiosidades e elementos do medio acuático para que nós sigamos investigando sobre eles.
Tamén podedes colaborar visualizando cos vosos fillos/as documentais relacionados coa temática que traballamos, buscando datos, fotografías, materiais, artigos do xornal ou revistas especializadas, películas, murais explicativos,.... pero sempre da man dos vosos fillos/as para facelos protagonistas do seu aprendizaxe e que poidan trasladar os novos contidos á aula e expoñelos aos compañeiros.

NA BOCA DO TIBURÓN!!!

Estes pequenos non nos deixan de sorprender!!
Elsa e Gabriel trouxeron ao colexio unha dentadura con dentes afiados que nos impresionou moitísimo!!


Xogamos a adiviñar de qué animal podería ser: un dinosaurio, un tigre, un peixe,...


Finalmete, contáronnos que  se trataba da boca dun tiburón!!! coidado que morde!!!