31 marzo 2014

SAÍDA A CANGAS

O pasado mércores 26 de marzo, realizamos unha saída a Cangas onde visitamos o Auditorio para ver a obra de teatro en inglés "Emperor´s new suit".

Nun momento determinado,os actores seleccionaron algúns colaboradores de entre os que se encontraba un compañeiro noso, Miguel de 1º E.P:

E tras o espectáculo, camiñamos polas rúas de Camgas ata chegar ao Mercado.


Alí visitamos os diferentes postos: carnizarías, peixerías, froitarías,...





E para finalizar a xornada, a degustación duns deliciosos amorodos por cortesía da froiteira Merche. Grazas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario