07 noviembre 2014

Aniversario de Espiñeiriña

   O pasado día 24 de outubro(día das bibliote-cas) celebramos no colexio o 11 aniversario de Espiñeiriña.
   Os nenos e nenas do colexio decidiron facerlle un agasallo moi especial. Entre todos compoñemos un "poema cooperativo":

     "Espiñeiriña, Espiñeiriña,
      como estás de aniversario
      temos torta e agasallo(pareado de 3 anos),
      as nosas voces van soar,
      e as once velas vas soprar(pareado de 4 e 5 anos)..."(podedes velo nas fotos).

   Xuntámonos na biblioteca e alí compartiu connosco unha reportaxe das súas vacacións, e contounos que estivo de "viaxe polo tempo" e visitou moitos lugares en épocas diferentes. Ata fixo un cartafol moi bonito para que tivéramos unha lembranza¡¡¡. Tamén dimos a benvida os nenos e nenas novos, e os que aíndan non tiñan o seu carné da biblioteca. E por suposto soprou as velas. Que desexo pediría?... Comemos a súa torta no patio e despois deu comezo a feira do libro. Moitas grazas pola vosa participación. Foi un día moi especial¡¡¡

  
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario