24 noviembre 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O outono xa se está facendo notar nas paisaxes, o clima, a horas de luz,.... e non hai nada mellor para combatir un día chuvioso e de frío que cunhas boas castañas asadas e ben quentiñas!!!!!!
Así, o pasado venres 14, démoslle oficialmente a benvida ao outono coa festa do Magosto!
Os xogos tradicionais amenizaron a xornada e as esperadas castañas non tardaron en chegar!!

Aquí vos deixamos a poesía de Outono que estivemos a traballar!


                                          O OUTONO
 


VÉN A NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.




SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS
ESTREANDO FRIAXE.
         (Ana Mª Fernández)

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada