25 marzo 2015

XA SE ASOMA A VIDA NA CHARCA

Coa chegada da primavera, os arredores do colexio ofrécennos un escenario perfecto para descubrir a vida en  plena natureza.
Nós non quixemos perder a oportunidade de observala e descubrila de forma moi directa!!
 

Non só puidemos contemplar algunhas árbores floridas senón tamén algúns bechiños moi curiosos como as bolboretas, os cagados da charca e as rás.


24 marzo 2015

SEMANA DA PRENSA 2015

Durante esta semana da prensa, estivémonos a familiarizar cos xornais en papel impreso e tamén cos xornais on-line.


Observamos algunhas partes da noticia e estrenámonos como colaboradores xornalistas elaborando algunhas delas. Comentamos noticias moi relacionadas co noso proxecto e que están de plena actualidade!!
 Clica nas imaxes para coñecer máis sobre elas:

22 marzo 2015

MULLER TRABALLADORA 2015

O 9 de marzo quixemos homenaxear o gran labor e coraxe de todas as mulleres traballadoras que se foron abrindo camiño ao longo da Historia.
O alumnado de E.I quixemos realizar a nosa aportación investigando sobre o papel da muller na Prehistoria.

Para ver o resultado final das investigacións realizadas polo traballo conxunto de tódolos cursos podedes visitar o Blog da Biblio no seguinte enlace:
http://ocantildaspalabras.blogspot.com.es/2015/03/8-de-marzo-dia-da-muller-traballadora.html

19 marzo 2015

ECLIPSADOS!

O vindeiro venres 20 de marzo producirase un eclipse de sol que, se o tempo meteorolóxico o permite, poderase apreciar con bastante claridade a partir das 9:05 da mañá.
Pero nós quixemos adiantarnos e experimentar este fenómeno nas aulas de infantil para entender mellor que é o que vai suceder.
Visionamos algúns videos e fotos  e realizamos unha pequena simulación que espertou en nós unha gran curiosidade.



Para máis información podedes acceder ao seguinte enlace:
http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/el-proximo-20-de-marzo-habra-un-eclipse-total-de-sol-551426500859

E para non perder detalle, animámosvos a acceder á seguinte páxina que o retransmitirá en directo:
http://sky-live.tv/

TRABALLAMOS NA HORTA

O inverno xa está chegando ao seu fin e estamos ás portas da primavera.
Por iso, aproveitando estes días de sol, collemos os apeiros da horta e alá nos fomos a plantar uns calabacíns! Así de ben o fixemos!! que bo xeito lle damos!!

12 marzo 2015

UNHA VIAXE CHEA DE ARTE!

O pasado xoves 5 de marzo, realizamos unha saída a Pontevedra onde vivimos un montón de experiencias.
Primeiro, visitamos o  museo do café moderno, realizando un percorrido por algunhas obras pictóricas de Picasso, Miró, Dalí e Barceló. Familiarizámonos con distintas técnicas como a composición con puzzle, collage,  e especialmente coa técnica do gravado que puxemos en práctica no obradoiro de arte.
Despois dunha pausa para merendar, dirixímonos ao teatro para asistir á obra de títeres "Os Narigudos"


Chegamos agotados!!! pero con moitas cousas que contar e seguir a experimentar!