19 octubre 2015

PEPA E PASCUALA REGRESAN DE VACACIÓNS

VAIA SORPRESA NOS LEVAMOS O VENRES 9 CANDO PEPA E PASCUALA APARECERON NA AULA CUNHA CARTA E UNHA CHEA DE FOTOS SOBRE AS SÚAS VACACIÓNS!!
CANTAS GANAS TIÑAMOS DE VELAS E COÑECELAS.

CONTÁRONNOS MOITÍSIMAS AVENTURAS E TROUXÉRONNOS FOTOS DOS DIFERENTES LUGARES QUE VISITARON AÍNDA QUE, DE MOMENTO, NON ACADAMOS ADIVIÑALOS TODOS.

TAMÉN NOS ANIMARON A TRAER FOTOS DAS NOSAS VACACIÓNS E DAS VIAXES QUE MÁIS NOS GUSTARON PARA ELABORAR, CON TODAS ELAS, UN GRAN MURAL.

ESPERAMOS CON MOITA EMOCIÓN ESAS HISTORIAS E AVENTURAS PARA COMPARTIR NA CLASE.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada