07 diciembre 2015

DESCUBRINDO O CORPO HUMANO

O noso corpo é un dos temas máis próximos e á vez enigmáticos cheo de interrogantes para nós.

Na clase de 3 e 4 anos, comezamos a aprendizaxe sobre o corpo humano expoñendo primeiro as ideas previas e logo trasladamos estas á silueta que fixemos... coa nosa compañeira Ángela como voluntaria:



En todo este proceso de procura de información e realización posterior de actividades, fomos adquirindo novos conceptos... e hoxe xa sabemos máis sobre o corpo humano e as súas partes!!




De cara a adquirir conciencia do noso corpo… medímonos, pesámonos, fixemos a nosa pegada dactilar…, para completar así a nosa ficha identificativa!!!


Tamén tivemos tempo para xogar á vez que aprendíamos!!!

(Un compañeiro pasoulle a pelota a Aleixo dándolle a instrución de que debía poñela na cabeza).

Pero non só traballamos as partes externas… tamén nos deu tempo a investigar un pouco sobre as partes internas do corpo. 


Ademais, unha das nosas compañeiras trouxo libros de consulta… e tamén un quebracabezas que puidemos construír entre todos/as e aprender algúns nomes de ósos que conforman o noso esqueleto humano! Moitas grazas!!!



Na clase de 4 e 5,  atopámonos cuns novos amigos que espertaron aínda máis a nosa curiosidade!!!!



Pronto comezaron as preguntas sobre eles, e as ganas de exploralos e coñecer todas as súas partes.

Formamos os equipos cooperativos: Equipo "superz" e "supergominola", puxémoslles nome a estes novos membros da clase: "Señor huesitos" e "Señor Asquerosito" e comezamos a investigación na busca de respostas sobre os nosos interrogantes.


Acudimos á biblioteca na procura de libros de consulta sobre o corpo e montamos na aula un pequeno recanto no que plasmar toda a información atopada.

En equipo, repartimos os roles e tarefas, tomamos decisións, buscamos e seleccionamos a información necesaria, escribimos os descubrimentos e expoñemos o aprendido ao resto dos/das compañeiros/as.

Un gran traballo no que todos compartimos e gozamos da aprendizaxe e os descubrimentos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada