04 marzo 2016

UNHA VISITA TOTALMENTE INESPERADA!!!

Este trimestre as nenas e nenos de educación infantil recibimos unha visita moi especial de alguén a quen queremos moitísimo, foi a da PROFE LAURA, a cal apareceu de súpeto e sen nós saber nada de que viña!

Viu con boas novas!!! Ensinóunos á pequena Daniela nunha das súas primeiras instantáneas tomadas durante a ecografía!


Estaba moi feliz e ambas clases de infantil degustamos os riquísimos doces que a profe Laura quixo compartir con todos nós. Moitísimas grazas!!!

ESPERAMOS TER MÁIS VISITAS ASÍ!!!

UNHA GRAN APERTA!


2 comentarios:

  1. Xa me tardaba facer esta visita , pois tiña moitas ganas de vervos. Bótovos moitísimo de menos!!! Paseino en grande e fíxome moita ilusión ver que medrastedes moito e que seguides a facer unha chea de investigacións e descubrimentos novos.
    Unha aperta moi grande e moitos biquiños da Profe Laura que vos quere!!!! muuuuuaks

    ResponderEliminar
  2. E nós pasámolo moi ben contigo. Por certo, en canto poidas, faríanos moitísima ilusión unha nova visita cargada de boas novas ;)

    ResponderEliminar