06 mayo 2016

CHEGOU A PRIMAVERA E... NOTÁMOLO!

O mes de abril estivo cheo de acontecementos e de actividades no exterior... e iso debeuse a tregua que nos deu o tempo coa chegada da primavera. Polo que aproveitamos os días soleados para gozar e xogar no parque...



  
 



 Carreira de caracois: cal chegará antes á meta?










Que nervios!




...plantar unha das nosas froitas preferidas converténdonos en grandes agricultores/as, xa que íamos coa lección aprendida de todo o proceso de cultivo.




Non obstante, tamén trouxemos das nosas casas sementes e plantas varias co propósito de contribuír á mellora do planeta, cadrando coa conmemoración do día da TERRA: porque con pequenas aportacións podemos facer grandes cousas en prol da natureza!!!





A primavera tamén chegou as aulas de infantil e corredoiros do cole a través das nosas decoracións!






E para dar a benvida ó mes de maio, celebramos os Maios facendo uso da tradicional festa que dende hai moitos anos, vense celebrando na parroquia de Aldán.


  





2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por amosar todas as actividades que realizades!! A verdade é que a primavera e o bo tempo permite facer actividades no exterior coas que os nenos e nenas aprenden e gozan moito!! Sei de algunha que coa carreira de caracois, que lle encantan, tivo que pasalo de medo ;) Parabés!!

    ResponderEliminar