12 noviembre 2016

"QUEN TEN MEDO? NÓS NON!!!" - UN SAMAÍN TERRORÍFICO NA ESPIÑEIRA -

A finais de outubro, decidimos involucrarnos na celebración dunha das festas que máis nos gustan do cole: O SAMAÍN ou HALLOWEEN.

Despois de investigar, descubrir o significado de "samaín" e de coñecer máis acerca desta tradicional festividade celta... Puxémonos man á obra, e decidimos colaborar na decoración do cole e da nosa entrada da aula. Encántannos estas cousas!!!






Tamén fixemos actividades un tanto "pringosas" que nos gustaron moitísimo facer! Aquí unha mostra do moco de Samaín-Halloween que fixemos:





- Se queredes a receita, só tedes que preguntar ;)

O día 28 de outubro, celebramos esta festa por tódolo alto dende primeira hora da mañá. O primeiro que fixemos, foi pasar polo chamado "túnel do terror", o cal estaba cheo de cousas que "daban medo", pero nós fomos moi valentes e non conseguiron asustarnos. Ó chegar á biblioteca (despois de pasar o túnel) agardábannos para contarnos un conto de Samaín o alumnado de 5º e 6º de Primaria do cole.

Ós nenos e nenas de 3-4 anos, o alumnado de 6º de Primaria contáronnos o conto chamado "Sacapenas" e, ós de 4-5 anos, os nenos de 5º de Primaria léronnos o conto de "Corre, corre cabaciña".







Grazas polo detalle! Gustáronnos moito os contos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario