O día 25 de novembro realizamos unha saída a Cangas cun motivo máis que xustificado: a loita contra a violencia de xénero e promoción do bo trato.
Para algúns e algunhas foi a primeira saída que realizaron co cole, e a expectativa e ilusión vivida foi máxima.
Esta foi a nosa gran actuación!
E aínda tivemos tempo de merendar e pasalo moi ben no parque da alameda de Cangas:
Porque nós dicimos NON Á VIOLENCIA! e si ó BO TRATO! Así, mandámosvos moitos bicos saudables, agarimosos, redondos, de cores... e moito ánimo a aquelas persoas que xunto a nós loitan cada día contra este tipo de inxustizas. Xa que como ben dixo o gran Eduardo Galeano...
"Moitas persoas pequenas, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo".
Polo San Martiño foi a celebración do noso particular Magosto na Espiñeira, o cal estivo cheo de xogos populares ou tradicionais galegos cos cales o pasamos xenial!!!
Comimos riquísimas castañas e de recipiente empregamos os nosos persoais cucuruchos!
Que festa de outono tan divertida!!!
Ademais da festa, tamén aprendimos outras particularidades do outono mediante xogos varios: no ordenador, consultando libros, poñendo en común o que sabiamos cada un/unha de nós... e facendo actividades plásticas, como por exemplo, murais representativos.