22 marzo 2017

SAÍDA A VIGO: OBRA TEATRAL "PAXARO AMIGO"

O día 7 de marzo os nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de Primaria, fomos a ver unha obra de teatro a Vigo. Gustounos moito saír do cole, montar en autobús e, por suposto, poder gozar da excelente obra de teatro onde tod@s participamos cantando as cancións de "Mamá Cabra".

Así de expectantes estabamos previo a obra:




E así de contentos saímos e baixamos cara a Alameda da Praza de Compostela en Vigo, onde nos esperaba o autobús.




A meteoroloxía non nos permitiu facer máis actividades polo exterior, pero..., teremos máis ocasións!

Ata a próxima!!!

10 marzo 2017

BICHERÍA NA ESPIÑEIRA

A temática do noso entroido este ano foi sobre os BECHOS, e os de infantil fomos tod@s de BOLBORETAS.

Nós participamos na elaboración do disfrace cuxa base era de material de refugallo. Logo, decorámola con pintura e goma Eva para adornala e que collera feitura de bolboreta.


Contentos co resultado, o día 24 de febreiro saímos a lucir os nosos atuendos polas rúas de Aldán, ó ritmo das gaitas por un lado, e polo outro, gozando dos sons carnavaleiros que dende o seu coche nos emitía DJ Valente.






A foto da bichería xunta non podía faltar á chegada ó cole:


Tamén tivemos tempo para os doces típicos de entroido elaborados polos nosos familiares! Moitas grazas!!! Un carnaval sen larpeiradas non sería o mesmo!



Ah, tamén queremos ensinarvos os guap@s que estabamos o día anterior, onde cada un/ha de nós foi disfrazado do que quixo.


Con obradoiro de caretas incluído:



Como nos gustan estas festas e que pronto acabaron!

Ata a próxima!!!