ESCRIBIMOS A NOSA HISTORIA

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL DE 2015

O protagonista da clase de 4 e 5 anos nestes días foi Nicolás.

 
Nicolás presentounos a súa familia coa árbore xenealóxica. Trouxo moitas fotografías para amosarnos como foi crecendo. Ao día seguinte amosounos roupa de cada un dos anos que foron pasando, de bebé, cun aniño, con dous... Nas seguintes xornadas tocou a quenda do seu xoguete favorito, pesalo e medilo para comprobar canto medrou, facer a súa silueta...
 
 
Uns días despois tivemos a visita da nai de Nicolás que nos ensinou a facer pan. Encantounos a experiencia de amasar e darlle forma ao pan que levamos para casa e que estaba boísimo!!! Despois tivemos un doce agasallo... uns croissants de chocolate que estaban riquísimos!!!
 
 
Moitas grazas!! Encantounos a visita!
 
 


SEMANA DO 16 AO 19 DE MARZO DE 2015
Durante estes 4 días, o protagonista da semana na clase de 4 e 5 anos foi Nuno




Trouxo moitas fotografías del ao longo dos seus aniños, e mostrounos a todos os membros da súa familia.
Tamén ensinounos a roupa de cando  era maís pequeno e o seu xoguete favorito. Qué ben o pasaba co camión!


O xoves 19, entre todos e todas axudámoslle a medirse e a pesarse; ademais fixemos a súa silueta. E non pode faltar a súa foto con Espiñeiriña.


E para rematar ese día, viñeron os seus pais para ensinarnos varios experimentos moi interesantes e divertidos. A parte, déronnos unha gran sorpresa regalándonos globos!

 
Moitas grazas pola visita!!!
 
SEMANA DO  9 AO 13 DE MARZO DE 2015
Na clase de 4 e 5 anos, o protagonista da semana do 9 ao 13 de marzo foi Pablo
Mostrounos quen eran os membros da súa familia e fotos de cando era pequeno. O día seguinte nos mostrou moita roupa de cando era máis pequerrecho... E mira que medrou!!
Outra das cousas que nos ensinou foi o seu xoguete favorito. O xoves, entre todos e todas miramos o seu peso e medida, e pintamos a súa silueta.


 O último día, achegouse o seu irmán David, que nos leeu un conto. E tivo unha despedida moi cariñosa por parte de todos os nenos e nenas da clase.

 Qué ben o pasamos!
Moitas grazas pola visita!
 
SEMANA DO 23 AO 28 DE FEBREIRO 2015
Na aula de 3 anos ésta foi a nosa última semana, e a súa protagonista foi "Lidia".
A espera valeu a pena; Lidia empezou a semana con moitas ganas de presentarnos á súa familia e os seus momentos máis especias a través das fotografías que nos trouxo.
Canto medrou esta rapaza! pois a roupiña de bebé xa non lle serve, e para comprobalo, medímola e pesámola.
Aprendemos moitas cousiñas dela e coñecemos ao seu xoguete favorito "Monito" que nos acompañou durante varios días.
Para rematar a semana cheos de entusiamo, visitounos a súa mamá Ana. 
Falounos do seu traballo como celadora no hospital e descubriunos a gran cantidade de profesionais que alí traballan (desde cociñeiros e pinches, ata doutores/as, enfermeiras/os,...)
Tamén fixemos algunhas prácticas reais e comportámonos como auténticos/as doutores/as utilizando o "fonendoscopio"




Despois decoramos unhas garavatas moi bonitiñas e unhas figuras xeométricas que nos quedaron ben simpáticas e que, posteriormente, colocamos na clase para seguir aprendendo con elas!
Por último, rematamos cunha sesión de karaoke na que máis de ún se animou a cantar!!!

Pasámolo xenial!! e recibimos como agasallo uns detalliños de chocolate moi saborosos. Moitísimas grazas Ana!!


O protagonista da semana na aula de 4 e 5 anos foi Iago. Grazas á súa árbore xenealóxica, puidemos coñecer mellor aos membros da súa familia. Ensinounos roupa de cando era máis pequeno. Como medrou! E tamén trouxo os seus xoguetes favoritos. Entre todos e todas fixemos a súa silueta e o seu libro de protagonista. E como non! Espiñeiriña xa ten unha foto con el.


O venres 28, os seus pais fixéronnos unha visita na que o pasamos moi ben. O seu pai falounos dos paxaros que cría e incluso trouxo algún deles. A súa nai pintounos as caras de moitas cousas diferentes.



Moitas grazas pola vosa visita!!!




SEMANA DO 9 AO 13 DE FEBREIRO 2015

A semana do 9 ao 13 de febreiro, o protagonista da semana na aula de 4 e 5 anos foi
Luis. Coñecimos parte dos seus ancestros, porque a súa árbore xenealóxica é moi extensa. Vimos as súas fotos e coñecimos parte das súas vivencias. Trouxo roupiña de bebé e os seus xoguetes favoritos: gústanlle moito os coches¡¡¡ Fixemos o seu libro do protagonista, e a súa silueta xa está no corredor do colexio coas demáis. Espiñeiriña xa ten a súa foto con Luis¡¡¡



O 17 de abril, o pai de Luis fíxonos unha visita! Aproveitando o proxecto do cole Unha viaxe polo tempo, ensinounos qué cerca están de nós diferentes mostras arquitectónicas e pictóricas: petroglifos, hórreos, acueductos, conserveiras... Fixemos a nosa propia viaxe polo tempo por Aldán.



Moitas grazas pola visita!



SEMANA DO 2 AO 6 DE FEBREIRO 2015
Roque foi o noso protagonista desta semana!
Compartiu con nós a súa historia desde que naceu ata agora amosándonos, en fotos, os seus momentos máis especiais.
Coa axuda da cinta métrica e a báscula, medímolo, pesámolo e comprobamos o moito que medrou!!
Tameu nos trouxo o seu xoguete favorito "Winnie the Pooh" e algunha roupiña de cando era pequeniño.

O venres visitounos a súa mamá Eva, e contounos este precioso conto de "A que sabe a lúa". 



Encantounos como o fixo, e
 animámonos a intentalo nós tamén!

Despois, quixemos descubrir a qué sabía a lúa saboreando unhas tortas de arroz e millo. Sabíannos a queixo, a chocolate,...

Para rematar decoramos uns imáns en forma de lúa que nos quedaron así de simpáticos!



Na aula de 4 e 5 anos o protagonista foi Miguel. Trouxo moitísimas fotos dos momentos importantes das súas vivencias: do colexio, dos momentos importantes coa súa familia... Tamén coñecimos os seus ancestros coa súa árbore xenealóxica. Ademáis vimos a súa roupiña de cando era un bebé, como creceu¡¡¡¡ Trouxo o seus xoguetes favoritos e así soubemos que lle gustan moito as ferramentas, e os xoguetes de construcción. Fixo o seu libro do protagonista e entre todos os nenos e nenas fixeron a súa silueta. E como non, xa ten a súa foto con Espiñeiriña¡¡¡


Ademáis o venres veu a súa irmá a contarnos un conto: "El patito afortunado". Grazas Andrea por adicarnos un pouco do teu tempo¡¡¡


SEMANA DO 26 AO 30 DE XANEIRO 2015
Na semana do 26 ao 30 de xaneiro, a protagonista da semana na aula de 4 e 5 anos, foi María. Coñecimos moitas cousa máis dela: moitas fotos coa súa familia, a súa árbore xenealóxica, a súa roupiña de cando era bebé(como crecen estes nenos¡¡¡), os seus xoguetes favoritos, e como non xa ten a súa foto con Espiñeiriña¡¡¡

Entre todos os nenos e nenas da aula, fixeron a súa silueta que xa está coas demáis xa feitas no corredor do colexio. Medímola e pesámola, e fixo o seu libro de protagonista.


O venres veu a súa nai e o seu pai a compartir un ratiño do seu tempo connosco. O seu pai falounos un pouquiño do seu traballo e fixo cos nenos e nenas un experimento chulísimo¡¡¡ Disfrutaron un montón sendo científicos, facendo unha pila para acender unha bombilla con froitas. Ahí vai un  video que o demostra¡¡¡ Grazas Jose¡¡¡

Todos os nenos e nenas participaron no experimento, facendo luz cunha pila "natural"¡¡¡¡¡  

                 
 Ademais a nai de María contounos un conto, que nos espertou o maxín "Nicomedes". Tamén lles gustou un montón. Grazas Loli¡¡¡



SEMANA DO 19 AO 23 DE XANEIRO 2015
Na aula de 3 anos "Violeta" foi a protagonista da semana e compartiu con nós a súa historia desde que era un bebé: o pequeniña que era a súa roupa, a cantidade de experiencias que viviu xunto coa súa familia e amigos, a antiga profe e compañeiros/as na súa Escola Infantil "Galiña Azul",....Unha a unha explicábanos as fotos que ían saindo no power point que nos amosou.

Observamos o moito que medrou, coñecimos os seus gustos e xoguetes preferidos e entusiasmámosnos coas súas historias.

O venres, recibimos a visita da súa mamá Loli que nos sorprendeu traendo uns caracoliños moi simpáticos. Observamos como eran, descubrindo que teñen 4 cornos (2 longos e 2 máis cortiños) e tamén ollamos como se desprazaban, aínda que son lentos botaban unhas carreiras moi emocionantes!!!
Tamén nos animamos e crear uns caracois con plastilina e materiais de reciclaxe e, para rematar, a visita finalizou cunha sesión de maquillaxe na que Loli nos pintou a cara do que máis nos gustaba: dinosaurios, ratiños, gatos, princesas,...

Ademais agasallounos cunhas piruletas moi saborosas!!!! Moitísimas grazas Loli!!!

O protagonista desta semana na aula de 4 e 5 anos foi Cristian. Coñecimos algúns membros máis da súa familia coa árbore xenealóxica que trouxo e coas fotos. Ademais fixemos o seu libro do protagonista, trouxo os seus xoguetes favoritos e Espiñeiriña xa ten unha nova foto con el. Entre todos os compañeiros fixeron a súa silueta, e quedou reflexada na aula unha pequeniña parte da súa gran historia.

A súa irmá Desi, quixo compartir un momento do seu tempo connosco e participou representando a Cristian na aula. Contounos un conto participativo moi sorprendente "Un libro", no que todos e todas tiveron que interactuar para contalo, divertíndose moito. Ata a profe participou jeje. Grazas Desi¡¡¡





SEMANA DO 12 AO 16 DE XANEIRO 2015
Na aula de 3 anos o protagonista desta semana foi "Rubén"!!!
Comezamos coñecendo á súa familia máis achegada, observando as súas fotos desde que era un bebé e observando canto medrou desde entonces. Por iso medímolo, pesámolo, e debuxámolo!!!

Coñecemos os seus gustos e deixounos xogar cos seus xoguetes preferidos!!!!


Visitounos a súa mamá Gloria, quen nos contou o conto de "O Grúfalo" e nolo deixou para a nosa biblioteca de aula!!! 
Con ela, tamén aprendemos a construír un comedeiro para paxaros que xa colocamos nunha árbore á entrada do cole!!! Vide pronto paxariños!!!! 


Por último, Rubén e Gloria agasalláronnos cunhas madalenas deliciosas!!!!!!! Moitísimas grazas por todo e ata pronto!!!!

Esta semana o protagonista da aula de 4 e 5 anos foi Daniel. Fixo o seu libro do protagonista e xa temos plasmada en papel, unha parte da súa historia. Coñecemos a súa familia grazas a árbore xenealóxica que trouxo, ademáis dos seus xoguetes favoritos e algunha foto, como a súa roupa de cando era pequeno. Si que creceu, si¡¡¡ Os compañeiros e compañeiras fixeron a súa silueta e Espiñeiriña conseguiu unha nova foto¡¡¡




Visitounos o seu pai e contounos moitas cousas interesantes do seu traballo, e todos e todos aprenderon un pouco máis de como manter a seguridade´. Ademáis amenizounos a xornada co relato do conto "Non é fácil pequeno esquío", que é un dos preferidos de Daniel. Moitísimas grazas¡¡¡





SEMANA DO 15 AO 19 DE DECEMBRO 2014
Na semana do 15 ao 19 de decembro, a protagonista da aula de 4 e 5 anos foi Nicole. Pegamos a súa árbore xenealóxica no panel do protagonista e algunha foto que trouxo, e así pudimos coñecer algo máis da súa familia e dos seus seres queridos. Presentounos roupiña de cando era pequena, e o seu xoguete favorito. Fixemos a súa silueta, e elaboramos o libro do protagonista, onde quedou reflexada un peáqueno trozo da súa historia persoal. Espiñeiriña xa ten unha nova foto da que presumir¡¡¡




Ademáis tivemos a sorte de contar coa visita da súa nai. Deunos unha clase de francés. Aprendimos os números, as cores e moitas outras cousas interesantes en francés. Ata pudimos disfrutar de algunas cancións e videos. Cantos idiomas estamos coñecendo¡¡¡ Moitas grazas¡¡¡



 SEMANA DO 9 AO 12 DE DECEMBRO 2014 
Na semana do 9 ao 12 de decembro a protagonista da semana foi Catalina. Coma os demáis trouxo a súa árbore xenealóxica, as súas fotos nas que pudimos ver vivencias súas especiais, o seu xoguete favorito e roupiña de cando era ben pequena. Como crecen estes nenos¡¡¡ O seu libro do protagonista quedoulle moi bonito e a silueta tamén porque todos e todos deixaron un trociño de corpo decorado. Espiñeiriña xa ten outra nova protagonista coñecida coa que quedou retratada¡¡¡

Tivemos a sorte de que seu pai deunos unha sorpresa a todos, incluída a Catalina. Trouxo a aula a batería da nena. Pasámolo todos xenial tocando e escoitando como o seu pai tocaba. Coñecimos os nomes de todas as partes que compoñen este instrumento, e ademáis bailamos un montón¡¡¡


A protagonista demostrou o ben que sabe tocar¡¡¡


Os nenos e nenas tamén tocaron e ata a profe fixo o que puido. Jajaja¡¡¡ Moitas grazas¡¡¡


SEMANA DO 1 AO 5 DE DECEMBRO 2014
"Noah" foi o protagonista desta semana na aula de 3 anos!!Presentounos en fotos á súa familia, tróuxonos roupiña de cando era un bebé e ensinounos os seus xoguetes favoritos... dinosaurios!!!!!
Vivimos moitas experiencias con el e tamén coa súa mamá Julia, que nos ensinou a facer pan dunha forma moi divertida e orixinal!!!! mmmmmmm que arrecendo....e que rico!!!


Na semana do 1 ao 5 de decembro o protagonista da semana na aula de 4 e 5 anos foi Xavi. Trouxo fotos da súa familia e del, onde soubemos un pouquiño máis das súas vivencias. Trouxo roupa de cando era un pouco máis pequeno e o seu xoguete favorito. No seu libro do protagonista quedaron reflexadas moitas cousas da súa historia actual e tamén fixemos a súa silueta entre todos. E como non, tamén ten xa a sua foto con Espiñeiriña¡¡¡





Ademáis elexiu un conto, e todos e todas disfrutamos mentres nolo contaba. Gustoulle contarnos o do"Os tres porquiños" e difrutamos un montón con el e o seu relato. Grazas Xavi¡¡¡






SEMANA DO 24 AO 28 DE NOVEMBRO 2014
Esta semana, "Darío" foi o protagonista da aula de 3 anos, realizando unha a unha, e con moito entusiasmo, as funcións de encargado e compartindo os seus gustos e as súas vivenzas desde que naceu ata agora.
Amosounos moitas fotos que poidemos ver a través dun power point  moi simpático.
Trouxo roupiña de cando era un bebé e decatámonos que desde entón medrou moitísimo!! pois xa non lle serve esa roupa.
Para rematar a semana, a súa mamá, Joaquina, visitounos á aula e creamos con ela postais de Nadal estupendas!! Quedaron así de ben!!!

Moitísimas grazas!!!!!


A protagonista da semana do 24 de novembro ao 28 de novembro de 2014, na aula de 4 e 5 anos foi Xiana. Trouxo a aula a súa árbore xenealóxica onde coñecimos un pouco máis os membros da súa familia, e moitas fotos preciosas de situación vividas por ela. Ademáis tamén ensinounos roupa de cando era ben pequena, e o seu xoguete favorito. Entre todos e todas fixeron a súa silueta, e quedou moi ben o seu libro do protagonista, onde quedou reflexada unha pequena parte da súa historia. E estivo moi contenta o facerse a foto con Espiñeiriña¡¡¡

Ademáis tivemos a sorte de contar coa visita da súa nai Teresa, que nos contou moitísimas cousas das viaxes que realizou na súa vida, que foron moitas e viviu en moitos lugares. Falounos varios idiomas e ensinounos fotos e postais moi interesantes das súas viaxes. Moitas grazas¡¡¡

SEMANA DO 17 AO 21 DE NOVEMBRO 2014
Na aula de 3 anos, "Paula" contounos a súa historia dende que era pequerrechiña.
Presentounos á súa familia, compartiu con nós as súas fotos de bebé, os seus mellores momentos en familia, e os seus primeiros aniversarios, viaxes, disfraces,.... e falounos das cousas e xoguetes que máis lle gustan.
Despois, porocedemos a comprobar todo o que medrou e, para iso, medímola, pesámola e fixemos e decoramos a súa silueta... Ay!! o que medrou esta rapaza, e é que xa está no cole de maiores!!!!!
O venres visitounos a súa mamá Mª José, que traballa como hixienista dental, e ninguén mellor ca ela podería explicarnos os coidados dos dentes e a súa limpeza.

Agasallounos uns cepillos de dentes e un dentífrico cos que puxemos en práctica todo o que aprendemos.

 Non se nos deu nada mal, e pasámolo xenial!!! Ademais,  Mª José premiounos cun diploma pola nosa rápida apendizaxe. Moitísimas grazas!!!!
 

Do 17 ao 21 de novembro de 2014, Mara foi a nosa primeira protagonista na aula de 4 e 5 anos. Trouxo a aula a súa árbore xenealóxica e coñecemos un pouquiño máis da súa familia. Tamén trouxo roupa de cando era pequena e comprobamos o moitísimo que creceu. Ensinounos o seu xoguete favorito e ademáis fixemos a súa silueta e o seu libro do protagonista, onde non pode faltar a súa foto con "Espiñeiriña".

Ademáis visitounos a súa avoa e contounos o conto de "El gallo Quirico" e disfrutamos un montón¡¡¡



SEMANA DO 10 AO 14 DE NOVEMBRO 2014
Este curso, comezamos unha nova experiencia  que chamamos "Protagonista da semana"
Cada neno/a convértese durante unha semana no eixo principal da aula contándonos a súa experiencia, características, gustos,... compartindo así, con todos nós, un anaquiño da súa historia e deixando a súa pegada na historia do cole de Espiñeira. Unha historia que escribimos entre tod@s!!!!!

Esta semana, a protagonista da aula de 3 anos foi "Rosalía" e aprendemos moitísimas cousas dela!!


Ademais, visitounos a súa nai Montse para ensinarnos a facer uns simpáticos cempés!!!
E así de bonitos nos quedaron!!!!
Foi un auténtico pracer recibir a túa visita Montse!! Moitas grazas e ata pronto!!!!!
Esta semana que ven, coñeceremos aos novos protagonistas nas aulas de Infantil e de seguro seguiremos recibindo visitas do máis interesantes. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario