30 octubre 2012

XA SE ACHEGA O SAMAÍN - HALLOWEEN

Alumnos/as e profesores/as adicamos estas últimas semanas á confección de diferentes elementos decorativos para esta celebración:
Caveiras e esqueletes,




gatos de bruxa:


e un senfín de criaturas do máis variopinto:


E grazas a vós, familias, tamén contamos cunha estupenda exposición coa raíña destas festas... a CABAZA!!!


Xa están listos todos os preparativos para a gran festa SAMAÍN-HALLOWEEN!!!!
E ti?...Estás preparado/a????

PD: Se queredes saber máis sobre o Samaín, neste enlace poderedes atopar unha gran variedade de recursos, xogos, e videos informativos de gran interese:

24 octubre 2012

AO MAL TEMPO...

Hoxe durante o recreo tivo lugar unha tormenta de chuvia,  tronos e lóstregos!
Primeiro sorprendeunos a chuvia que mollou todo o patio.


Logo viñeron os tronos e lóstregos que chamaron a nosa atención e fixéronnos pasar un bo rato contemplando o que pasaba no ceo.


 Así que: AO MAL TEMPO...BOA CARA!

15 octubre 2012

ZAPATOS CON LUZ PROPIA

Hoxe na asemblea chamáronnos a atención os tenis de Mara.
Alumeaban de vez en cando e decidimos que Mara dera un paseiño para ver cando se acendían.
Alumeaban ao camiñar, pero sobre todo ao saltar!!


Logo comezamos a observar os nosos zapatos para ver se tamén tiñan luces e descubrimos que os tenis de Xiana tamén as tiñan!!

Apagamos a luces da clase, cerramos as persianas e pasámolo xenial vendo os "destellos" de luz dos seus zapatos.

11 octubre 2012

ANIVERSARIO DE MARÍA

Esta semana rematámola con festa, pois celebramos o aniversario de María que xa cumpriu 3 anos!!
Unha vez máis, PAPELOTE enviounos unha carta e unha coroa que decoramos con moitos gomets de cores.


Cantamos e bailamos,...

...sopramos as candeas,

e degustamos un biscoito rico, rico, rico que fixo María coa axuda da súa nai.


Incluso Papelote e o seu amigo Coelliño  comeron un anaquiño... e non deixaron nin migalla!! 


Grazas!!!! e FELICIDADES MARÍA!!!!!!!!


08 octubre 2012

EN BUSCA DAS LANDRAS

COA CHEGADA DO OUTONO DECIDIMOS SAÍR A FACER UN PERCORRIDO POLOS ARREDORES DO COLE.


ADEMAIS DE FOLLAS, ENCONTRAMOS POLO CHAN UN MONTÓN DE FROITOS CHAMADOS: LANDRAS QUE LOGO SOUBEMOS QUE CAÍAN DOS CARBALLOS.


PARECEUNOS BOA IDEA METELAS EN AUGA PARA VER SE FLOTABAN OU NON, POIS AS QUE AFUNDEN NA AUGA SON AS DE MELLOR CALIDADE.

TRAS DOUS DÍAS DE ESPERA COMEZAMOS A SÚA PLANTACIÓN!


AO LONGO DAS SEMANAS E MESES IREMOS COMPROBANDO E REXISTRANDO O SEU CRECEMENTO E SE AS NOSAS PLANTACIÓNS TIVERON ÉXITO.

03 octubre 2012

VISITAMOS A CASA DE ESPIÑEIRIÑA


HOXE VISITAMOS A CASA ESPIÑEIRIÑA!!!, A MASCOTA DA BIBLIOTECA,

É UN CABALIÑO DE MAR QUE DEIXOU A AUGA PARA NAVEGAR POLAS HISTORIAS E CONTOS DO NOSO COLE.
COÑECIMOS  A ESPIÑEIRIÑA E Á PROFRE MILA, QUE NOS FIXERON ENTREGA DOS CARNÉS DE BIBLIOTECA COS QUE LOGO FIXEMOS O EMPRÉSTITO DE LIBROS.


GUSTOUNOS MOITO A EXPERIENCIA, QUE REPETIREMOS CADA MÉRCORES, E MARCHAMOS MOI CONTENTOS COS NOSOS CONTOS.