Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "A VIDA NO FONDO DO MAR". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "A VIDA NO FONDO DO MAR". Mostrar todas las entradas

20 junio 2013

GRAZAS E FELICES VACACIÓNS!!

Este curso damos por finalizado o proxecto "A VIDA NO FONDO DO MAR"


Moitas grazas  por colaborar coas vosas investigación en familia e por aportar elementos sobre o mar do máis interesantes.

A Vida No Fondo Do Mar by apalpador

O vindeiro curso volveremos con máis  PROXECTOS!! Ata entón...
.


12 mayo 2013

PEIXIÑOS

Miguel xa nos trouxo información sobre os peixes:


Despois de explicarnos algunhas das súas caracterñisticas: como comen, nacen, respiran, nadan,...durante as sucesivas semanas seguiremos afondando na súa forma de vida mediante diferentes recursos.
Animámosvos a seguir traballando cos vosos fillos/as buscando información, visionando documentais ou lendo libros.

02 mayo 2013

Caracolas!!!! Espiñeiriña?

Hoxe, Mara tróuxonos unha caracola moi bonita e explicounos que seguramente foi o fogar dun caracol ou dun "Caranguexo Ermitaño".


O noso conserxe Valente tamén participou na nosa investigación sobre o mar e tróuxonos un cabaliño de mar...ou como mellor o coñecemos nós...ESPIÑEIRIÑA!!!! que é mascota da biblioteca do cole.
Que bonitiño é!!




25 abril 2013

PLANTAS DO MAR

Hoxe, comezamos o día localizando o mar no mapa e o océano que baña as nosas prais: "o Océano Atlántico"

Tamén observamos algunhas  "plantas do mar" chamadas ALGAS:

Tocámolas, ulímolas, ...


...e descubrimos que son de diferentes formas, tamaños, texturas e cores:



Entre as algas atopamos algúns animaliños escondidos: caracois mariños e a cuncha dunha ameixa!





Ademais, María tamén nos trouxo a cuncha dunha ostra e un anaquiño de coral que comparamos co que trouxo a profe.  Descubrimos que non son plantas senón animais!!!! son duros, brancos e "pinchan"  pero non teñen ollos, nin orellas nin boca??!! que raros!!!!



Mara trouxo un libro sobre o mar no que identificamos os corais e algas que vimos e algúns animais que viven no fondo do mar.





11 abril 2013

COMEZAMOS PROXECTO!!!

Aproveitando o grande interese que están amosando os alumno/as polos elementos e animais do mar, propuxémonos iniciar un novo proxecto que titularemos: "El mar y animales Marinos"

Que sabemos, que queremos saber e onde buscar información é o comezo deste proxecto:


Grazas familias, por formar parte del e aportar todas estas curiosidades sobre o mar !!
Non deixedes de enviarnos obxectos, libros, curiosidades e elementos do medio acuático para que nós sigamos investigando sobre eles.
Tamén podedes colaborar visualizando cos vosos fillos/as documentais relacionados coa temática que traballamos, buscando datos, fotografías, materiais, artigos do xornal ou revistas especializadas, películas, murais explicativos,.... pero sempre da man dos vosos fillos/as para facelos protagonistas do seu aprendizaxe e que poidan trasladar os novos contidos á aula e expoñelos aos compañeiros.

NA BOCA DO TIBURÓN!!!

Estes pequenos non nos deixan de sorprender!!
Elsa e Gabriel trouxeron ao colexio unha dentadura con dentes afiados que nos impresionou moitísimo!!


Xogamos a adiviñar de qué animal podería ser: un dinosaurio, un tigre, un peixe,...


Finalmete, contáronnos que  se trataba da boca dun tiburón!!! coidado que morde!!!





10 abril 2013

COUSIÑAS DO MAR

Hoxe, Elsa tróuxo ao colexio unha caracola enorme!!!!


Mirámola

Tocámola e acercámola á orella para escoitar o mar... ou iso parecía!



Pero a nosa curiosidade foi máis alá e quixemos saber como se forma e de qué está feita.
Así que, buscando en internet atopamos que estas caracolas se van formando en espiral e que están feitas de carbonato de calcio....aínda que iso non nos quedou moi claro porque...
Miguel: onde está carbonato de calcio no mar?


09 abril 2013

QUE É, QUE É?

Despois da visita de Luisa (a científica de investigación mariña) e a entrega misteriosa que nos fixo...


Propuxémonos investigalos comezando por preguntarnos qué sabemos sobre eles e que queremos saber...


Onde buscar a información é onde cumprides un importante papel as familias, por iso enviámosvos esta carta que escribimos entre todos.


































Parece que un novo PROXECTO está en camiño...