25 diciembre 2014

FELICES FESTAS!!!

O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESÉXAVOS...


ASÍ O CELEBRAMOS NO COLE!!!!

E COMO NON PODÍA FALTAR NESTAS DATAS,...UN CONTIÑO DE NADAL:

19 diciembre 2014

VAIA AVENTURA!!!!!

O 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESPRAZÁMONOS ATA VILLASOBROSO SEGUINDO AS PEGADAS DA HISTORIA. 
ALÍ ATOPAMOS UNHA FRAGA CHEA DE ÁRBORES E FROITOS DO OUTONO E UN CASTELO DO MÁIS MISTERIOSO E INTERESANTE. 
ESPERAMOS QUE GOCEDES DA NOSA AVENTURA COMA NÓS O FIXEMOS!!!

04 diciembre 2014

25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado martes 25 de novembro, o alumnado e profesorado do noso cole saímos ás rúas de Cangas a conmemorar este día tan importante. E fixémolo a través da coreografía da canción "Romper las cadenas" Así de ben o fixemos!!!!!
Pincha na imaxe para acceder ao video ou no seguinte enlace á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/node/603


24 noviembre 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O outono xa se está facendo notar nas paisaxes, o clima, a horas de luz,.... e non hai nada mellor para combatir un día chuvioso e de frío que cunhas boas castañas asadas e ben quentiñas!!!!!!
Así, o pasado venres 14, démoslle oficialmente a benvida ao outono coa festa do Magosto!
Os xogos tradicionais amenizaron a xornada e as esperadas castañas non tardaron en chegar!!

Aquí vos deixamos a poesía de Outono que estivemos a traballar!


                                          O OUTONO
 


VÉN A NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.




SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS
ESTREANDO FRIAXE.
         (Ana Mª Fernández)

09 noviembre 2014

ÚLTIMA HORA!!!

Esta semana recibimos a boa nova de sermos premiados no "Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación e participación da biblioteca escolar" no contexto do Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe)
Un recoñecemento moi ben acollido entre o preofesorado e que queremos compartir con toda a Comunidade Educativa, xa que todos e todas somos responsables directos deste premio. Grazas ao pofesorado, a vós as familias, á Biblioteca (como impulsadora do proxecto) a todas aquelas persoas que dalgunha maneira se involucraron, e en especial ao alumnado deste centro que investigou, estudou e experimentou o proxecto "As plantas"

A todos e todas Moitas grazas e parabéns!!!!!!!!!

Aquí vos deixamos un enlace coa noticia publicada no "Faro de Vigo":
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/11/05/espineira-planta-futuro/1125642.html

ESPIÑEIRIÑA VISITA A NOSA CLASE!!

Espiñeiriña, como boa anfitriona do colexio, quixo recibir persoalmente ao alumnado de 3 anos!!! e invitalos a coñecer a biblioteca. 



Este xoves, comezamos o primeiro préstamo de libros!!! fíxonos moitísima ilusión!!!
Pero antes, xunto con Belén (membro do Equipo de Biblioteca) consensuamos algunhas normas que consideramos importantes para a Biblioteca. Pasámolo moi ben! e estamos desexando volver a próxima semana.


07 noviembre 2014

Samaín

   O xoves 30 de outubro celebramos o día do Samaín-Hallowen. Viñemos todos e todas disfrazados o colexio. Había pantasmas, monstros, vampiros, momias, ... e tamén moitas bruxas. Almorzamos todos e todas xuntos, grazas a eses postres tan ricos propios do día,  que trouxéstedes das vosas casas. Que saboroso estaba todo...mmmmm¡¡¡¡. Ademáis despois estivemos vendo curtos de animación e cantando cancións relacionadas coa celebración. Que medo pasamos algúns¡¡¡buuuuuuffff.
Os nenos e nenas disfrutaron moito neste día. Grazas por todo o que quixéchedes compartir con eles. Ah! e por suposto non poderemos olvidar esas cabazas tan terroríficas que axudástedes a confeccionar. Estaban moi orgullosos e orgullosas do seu traballo grazas a vós. Por moitas festas máis coma esta¡¡¡¡

Aniversario de Espiñeiriña

   O pasado día 24 de outubro(día das bibliote-cas) celebramos no colexio o 11 aniversario de Espiñeiriña.
   Os nenos e nenas do colexio decidiron facerlle un agasallo moi especial. Entre todos compoñemos un "poema cooperativo":

     "Espiñeiriña, Espiñeiriña,
      como estás de aniversario
      temos torta e agasallo(pareado de 3 anos),
      as nosas voces van soar,
      e as once velas vas soprar(pareado de 4 e 5 anos)..."(podedes velo nas fotos).

   Xuntámonos na biblioteca e alí compartiu connosco unha reportaxe das súas vacacións, e contounos que estivo de "viaxe polo tempo" e visitou moitos lugares en épocas diferentes. Ata fixo un cartafol moi bonito para que tivéramos unha lembranza¡¡¡. Tamén dimos a benvida os nenos e nenas novos, e os que aíndan non tiñan o seu carné da biblioteca. E por suposto soprou as velas. Que desexo pediría?... Comemos a súa torta no patio e despois deu comezo a feira do libro. Moitas grazas pola vosa participación. Foi un día moi especial¡¡¡

  
  

24 octubre 2014

NORMAS DE AULA!!

Na clase de 3 anos, estes primeiros meses de curso están sendo especialmente importantes para o establecemento de hábitos, rutinas e normas da clase. Por iso, entre todos, participamos na súa elección e copromometémonos no seu cumplimento.



07 octubre 2014

DE EXCURSIÓN POLO COLE!

Para coñecer mellor o noso cole, non dubidamos en realizar un percorrido polo seu interior...



...e tamén polos seus arredores


Aproveitamos a saída para apañar unhas landras e visitar uns animaliños moi curiosos e simpáticos






10 septiembre 2014

PREPARADOS, LISTOS.....XA!!!!!!!!


COMEZAMOS O  NOVO CURSO 2014-2015 CON MOITAS GANAS E ILUSIÓN!!
ESTAMOS DESEXANDO AFRONTAR NOVOS RETOS, VIVIR UN SEN FIN DE AVENTURAS E INVESTIGAR TODO O QUE ESTEA NAS NOSAS MANS.
QUEREMOS TAMÉN DAR A BENVIDA  AO NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS QUE NOS ACOMPAÑARÁN NESTA VIAXE POLA APRENDIZAXE...



ALUMNADO 3 ANOS

 
                DARÍO                                     LIDIA


                  NOAH                                   PAULA

                   ROQUE                                 ROSALÍA


               RUBÉN                                      VIOLETA

07 julio 2014

VOLTAMOS EN SETEMBRO!!! ATA ENTÓN...

FESTIVAL 2014: "AS VERCIÑAS"

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

CUMPRIRON ANOS ESTE TRIMESTRE:

CARMELA (6 ANOS)

XAVI (5 ANOS)

NICOLE (5 ANOS)

XIANA (5 ANOS)

IAGO (4 ANOS) E DANIEL (5 ANOS)



29 junio 2014

GRADUACIÓN E.I 2014

QUE RÁPIDO MEDRAN OS NOSOS ALUMNOS/AS!!! AGORA, AGÁRDALLES UNHA NOVA ETAPA EN PRIMARIA CHEA DE NOVOS RETOS E EXPERIENCIAS.

20 junio 2014

Proxecto: LITTLE FARMERS

CLICK HERE TO VISIT OUR  LITTLE FARMERS WEB PAGE: http://littlefarmers.wikispaces.com/

DOSSIER FINAL DO PROXECTO "AS PLANTAS"
Aquí remata a nosa andaina  Etwinning cun moi bo resultado!!! 
Este dossier só é un resumo do estudo sobre as plantas que realizamos como parte deste proxecto.
Grazas a todos/as por colaborar!!! 


BOX FROM ROMANIA!!!


ACTIVIDADES DE AGRICULTURA

Aquí vos deixamos, con un pequeno resumo das actividades agrícolas realizadas para o noso proxecto "As plantas"
RECIBIMOS A CAIXA DE GRECIA CHEA DE PRODUTOS TÍPICOS MOI SABOROSOS 

QUE ILUSIÓN!!!!! RECIBIMOS A CAIXA DE PORTUGAL CHEA DE PLANTAS AROMÁTICAS E OUTRAS SORPRESAS!! 


PREPARAMOS O INTERCAMBIO DE PRODUTOS
Reunimos os alimentos grazas á colaboración do alumnado e a aportación das familias.


Etiquetamos os alimentos en inglés e castelán.



E empaquetamos para enviar aos respectivos países: Grecia, Portugal, Rumanía e Eslovaquia.


Non sen antes preparar... uns saquiños con  sementes "máxicas" que deberán plantar para descubrir o que son!, como pista: "A Shin-Chan non llegustan nada!!"


Esperemos que cheguen ao seu destino!!!! BON VOYAGE!!!

VEMOS AS PRESENTACIÓNS DOS OUTROS COLES E LOCALIZÁMOLOS NO MAPA


PRESENTÁMOSLLES O NOSO CENTRO



INICIO PROXECTO (XANEIRO)
Dende hai unhas semanas, conseguimos poñernos en contacto con mestras doutras escolas europeas para traballar conxuntamente nun proxecto adicado á "Agricultura".

A temática responde a que neste 2014 celébrase o "Ano Internacional da Agricultura Familiar", e entre estas 5 escolas de 5 países diferentes quixemos facer a nosa pequena aportación intercambiando información sobre os productos típicos de cada zona.