23 febrero 2014

PREPARADOS PARA O ENTROIDO!!!

Xa estamos rematando os preparativos para celebrar este Entroido!
A temática deste ano queríamos relacionala co Proxecto do cole: "As plantas". Para ampliar a variedade dos disfraces, seleccionamos diversos elementos da Fraga.
Nós eleximos "Os Cogomelos" que xa están case listos para desfilar!!!!




ASEMBLEAS CON SORPRESA!

Iago agasallounos cun barquiño de madeira feito polo seu avó! Moitas grazas!



Cristian sorprendeunos cun limón cunha forma moi moi curiosa, chámanlle "Man de Budapest"; e María tróuxonos "Millo corvo"



Por último, Pablo  asombrounos cun xoguete tradicional moi artesanal...un "Trompo" feito con miga de pan!!


Grazas por compartir estas experiencias connosco!!

TEMPO DE RELAXACIÓN

Despois de tanto traballar....que ben senta isto de se relaxar!!





COUSIÑAS DE INVERNO

Descubrimos o que lle pasa ao xeo coa calor (cambio de sólido a líquido)

 
 

Experimentamos coas cores e pintamos como se foramos vento (soprando)



Pero que artistazos!!!!

02 febrero 2014

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O colexio de Espiñeira celebramos este día facendo un breve percorrido polos homenaxeados co premio NOBEL DA PAZ, facendo especial mención a NELSON MANDELA.
Tamén cantamos "Campás pola paz"(Migallas) e "Love is only way" (Macaco).
O alumnado de E.I decoramos uns símbolos e pombas da Paz do máis vistosas!