25 noviembre 2021

INSTALACIÓN DE OUTONO

Aventurámonos este ano por primeira vez coas INSTALACIÓNS e comezamos ó grande, cunha temática que non podía ser outra como a do OUTONO.

Puxémonos mans a obra e resultou todo un espectaculo para grandes e pequenos...


 


Como podedes observar as instalacións son espazos didácticos e sensoriais onde a través dun escenario lúdico ofrécese unha liberdade de xogo e acción. Deste xeito, xorden experiencias onde as crianzas a través do seu pensamento e experiencias, circulan entre o real e o imaxinario... 

3 ANOS

  



4 ANOS


5 ANOS

                                  

            
        
         

A pesar de ser a primeira vez os resultados foron asombrosos... 

Velaquí podedes comprobar todo un despriegue de imaxinación e creatividade...




Obtendo estos resultados seguro que repetiremos a experiencia...

Est@s nenas e nenos de Espiñeira sonche todas e todos uns artistaz@s...






09 noviembre 2021

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO

Boas familiaaaaas! 😊

Xa estamos de volta nun novo curso e, a estas alturas, metidiños metidiños en mil e unha aventuras...

Comezamos en setembro xa polo alto, cunha saída ao FIC de Bueu, onde desfrutamos de varias curtas moi entretidas, educativas e divertidas. Un luxo de saída que rematamos desfrutando do estupendo diazo na praia!!!



Continuamos os proxectos das aulas retomando arredor do último do ano anterior: Os Continentes, un tema moi quentiño para todo o alumnado porque hoxe en día… a Terra está que arde!


RECUNCHO  PROXECTO ÁFRICA

O outono sempre trae ás nosas paisaxes unhas cores incribles e unhas sensacións refrescantes despois do caluroso verán. O noso patio natural pasa do amarelo seco ao amarelo, marrón, vermello ou verde outono. 

Ademais de actividades xerais, este ano desfrutamos dunha actividade especial: construimos unha INSTALACIÓN OUTONAL na sala de psicomotricidade, canta emoción, diversión e creatividade!!! Unha experiencia estupenda!!! Seguro que repetiremos!!!


Xa dende o lado artístico, todo o Centro estamos a traballar a Yayoi Kusama, e o levamos ata límites insospeitados: cabazas, clases, corredores…, todo o Cole decorado!!! Canto arte a partir dun simple círculo!!!! Bravo polos nosos nenos e nenas..., e por vós, familias!!!!













Acabamos de celebrar o Samaín-Halloween, con moitas actividades...



E por suposto, non faltaron as personaxes mostruosas e merendas terroríficas! 
O pasamos “de medo”!












O seguinte que celebraremos será o Magosto…que ganas de xogos e castañas!!! 

Xa vos iremos contando...