30 mayo 2012

BENVIDA FINA!!

O luns 28, recibimos no colexio a unha gran amiga e escritora de contos: FINA CASALDERREY! Con ela, aprendemos que das cousas máis pequenas da vida é das que máis temos que aprender e valorar. E que unhas das cousas máis valiosas da que gozamos é "A FORZA DAS PALABRAS". Palabras coas que facemos realidade os nosos desexos, ideas, sentimentos e gardamos SEGREDOS, segredos que non se poden contar. Aínda que as sabias verbas de FINA e a atención coa que a escoitamos xa non é ningún segredo :)

23 mayo 2012

DE ONDE VEÑEN OS CONTOS???

Durante o pasado mes, estivemos lendo contos dunha escritora moi querida: "Fina Casalderrey" Dende entón, puxémonos a buscar información sobre os contos e aprendemos que, ademais de historias, os libros esconden moita máis información coma: un Título, Editorial, Autor/a... Todos este datos, e máis, están recollidos nun gran mural que elaboramos con moito agaraimo!

17 mayo 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Este ano o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Valentín Paz Andrade: avogado, político, empresario, escritor, poeta e xornalista que defendeu, sobre tódalas cousas, a súa terra: Galiza!
Nas aulas aprendemos algunhas das súas facetas máis recoñecidas. E expuxemos os nosos traballos no corredor.
Podedes encontrar máis información na páxina web do colexio así como vídeos e xogos sobre o homenaxeado.

16 mayo 2012

RECOIRO!

Durante os días 15 e 16 , asistimos a un obradoiro de coiro no que "o profe Lorenzo" nos falou sobre a súa procedencia, tratamento e técnicas para traballar este material.
Nós, fixemos unhas pulseiras moi fermosas que confeccionamos e decoramos ao noso gusto pasiño a pasiño: 1º troquelamos o coiro coas formas que máis nos gustaron
Despois tinguimos as pulseiras
E por último lacámolas para darlles brillo e para que non perdan a cor.
Ao día seguinte, e xa máis experimentados, atrevémonos coa elaboración de chaveiros 100% artesanais!!
Todas as nosas producións estarán expostas no corredor do colexio para que podamos desfrutar das creacións dos compañeiros/as e das nosas propias. Esperamos que vos gusten!!!

14 mayo 2012

BAILAMOS "NA PUNTA DO PÉ"

O noso primeiro concerto non podería ser mellor!! Viaxamos ata Moaña para asistir ao espectáculo do grupo Pesdelán que interpretou as cancións do seu disco "Na punta do pé".
Antes de comezar cargamos as pilas repoñendo forzas coa merenda e leite
e ao soar a música....
botámonos a bailar sen miramentos ata que nos cansaron os pés.

11 mayo 2012

XORNADA DE CROSS

Como cada ano, o noso colexio celebrou o Cross no que participaron os alumnos e alumnas do centro así como algúns pais e nais que se animaron a botar unha carreira.
Tras tanto deporte, recuperamos forzas cun bo bocadillo e auga fresquiña e, para finalizar,chegaron os desexados premios...
Grazas a todas e todos pola vosa participación!

04 mayo 2012

UNHA MERENDA MOI DOCE

Hoxe, Candela invitounos a todos a celebrar o seu 6º aniversario compartindo unha gran torta moi doce!!!
OS NOSOS PARABÉNS!!!

02 mayo 2012

EIQUÍ VEN O MAIO...

VESTIDO DE FLORES, PRA LLE DAR AS GRAZAS Á SEÑORA DOLORES...
EIQUÍ VEN O MAIO POLOS MUROS DA EIRA EIQUÍ VEN O MAIO AO COLE DE ESPIÑEIRA!
Éste é só un anaquiño da canción coa que percorremos as rúas de Aldán para celebrar a festa do "Maio". Previamente, os nenos e nenas de infantil elaboramos nos obradoiros fermosos colares de flores.
E nin tan sequera as mascotas se puideron resistir!!
E por suposto, para rematar a festa....música e moito baile!!