02 diciembre 2010

Visita á Panadería

A nosa visita á panadería foi un éxito, descubrimos todo o proceso de producción do pan, das empanadas e dos doces. Dende aqui agradecemos a colaboración á empresa "Rogelio Iglesias e hijos". Podedes ver o power point do percorrido feito polos nenos e nenas de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria.

Tengo una hormiguita en la patita...

Os nenos/as de infantil estamos aprendendo esta canción dunha formiguiña que ten moitas cóxegas e coa que repasamos as vogais dunha forma moi marchosa e divertida.

01 diciembre 2010

A Castaña que rebentou de Risa

Animamos a traballar con este conto na casa : "A Casta que rebentou de risa", aqui tedes varios enlaces co conto e actividades:

http://dl.dropbox.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/magosto/recursos/castanharisa.pdf

http://www.madenglishouse.eu/outono-magosto/Comic.pdf

08 noviembre 2010

Froitos do Outono

Descubre a través da seguinte presentación de imaxes da nosa exposición deste época do ano o sin fin de froitos propios da mesma e os seus nomes en galego, castelán e inglés.
Esperamos que vos guste, unha aperta!

04 noviembre 2010

Traballamos o Outono


Con motivo de coñecer todos os aspectos máis relevantes deste fermosa estación, os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos hoxe pola maña a exposición sobre os froitos do outono situada no corredor principal da escola e fixemos unha pequeña e breve saída ó contorno para observar os cambios físicos y recoller landras e follas secas para a realización de distintas actividades.

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO:

Cumples de Iago e Elena




Nada como ter 4 anos para ver a vida na escola dun xeito totalmente distinto.

Cantamos, bailamos, sopramos as velas e despois de moitos achuchóns e tiróns de orellas os cumples dos nosos amigos/as quedaron celebrados.

A gran festa do Samaín






Foi unha xornada estupenda onde todos gozamos desta festa con tradición galega.

Aquí tedes unhas instantáneas para os que non puidestes asistir e queirades ver os nosos terroríficos disfraces.

Unha aperta

20 octubre 2010

O Samaín esta a piques de chegar...

Esta é a canción que imos a aprender para a nosa TERRORÍFICA FESTAAAAAAAA DE SAMAÍN:

27 septiembre 2010

Este foi ó mar

Empezamos novo curso e este ano seguiremos aprendendo cancións, ditos e recitados en galego, aí vos vai o primeiro:

Este foi ó mar e non pescou nada.
Este foi ó mar e pescou unha pescada.
Este quedou en terra e lavouna ben lavada.
Este quedou en terra e fixo unha caldeirada.
E este lambón, lacazán... ¡papouna, ben papadA!



Explicación:
O adulto vaille collendo os dedos ó/á neno/a dende o máis pequeno ó máis gordo

11 mayo 2010

A Princesa do Caurel


Os nenos e nenas de Educación Infantil estamos a aprender esta canción de "Contos en cantos" aqui a tedes para practicar na casa. Aproveitamos asi para introducir o Día das Letras Galegas adicado este ano a Uxio Novoneyra natural do Caurel na provincia de Lugo.

03 mayo 2010

Plantamos Semillas

A semana pasada tanto os nenos de 3 anos coma os de 4 e 5 plantamos semillas de diferentes cousas (caraveis, lavanda, cabazas, menta, melisa, comino...) e estamos encantados posto que, xa estamos a ver os resultados da plantación. Por iso a próxima semana seguiremos plantando semillas de plantas aromáticas para traballar na clase os distintos olores.

Deixovos unhas fotos como adelanto do noso espectacular traballo como xardiñeiros/as.

Unha aperta

Obradoiro de Cociña

Aqui tedes as fotos do obradoiro de cociña deste trimeste da clase de 4 e 5 anos.
Fixeron unhas galletas de manteiga boísimas.
Deixovos as fotos para que vexades os bos cociñeiros que temos en Espiñeira:

28 abril 2010

Canción da Primavera

Os nenos e nenas de Educación Infantil estamos a aprender esta canción traducida ó galego. Adxunto o video orixinal.

22 abril 2010

Comezo do proxecto da Primavera





Ca chegada da primavera as aulas de infantil da nosa escola están cheas de proxectos e novas actividades.

Comezamos cun proxecto sobre Van Gogh, aproveitando que o fantástico pintor estaria de aniversario a finais de Marzo decidimos aprender un pouco sobre a súa vida e a súa arte e comezamos polo seu famoso cadro: "Los Girasoles".
Aproveitando que a primavera é a estación do ano das flores, é un fastantico elemento motivador para comezar.

Aprenderemos distintas técnicas plásticas e faremos unha exposición no corredor da escola.

21 abril 2010

Contos en Cantos

A pasada semana viaxamos en autobús ata Cangas para ver este fantástico espectáculo musical cheo de cancións en galego que acompañan a preciosos contos.

Recomendamos este grupo para calquera idade:




15 abril 2010

taller de Cociña


Nestas semanas comezaremos a traballar no noso taller de cociña.
As receitas que levaremos a cabo son:

NENOS E NENAS DE 3 ANOS:
" GALLETAS DE QUESO"

Ingredientes:
- 100 gramos de fariña
- 50 gramos de manteiga
- A yema dun ovo
- 5 tazas pequenas de auga fría
- 75 gramos queso rayado Cheddar
PASOS:

1. Tamizar a fariña nunha cunca grande e engadir a manteigaa cortada en anacos.
2. Amasar cos dedos a fariña e a manteiga ata que quede como miga de pan.
3. Mezcla a yema de ovo e a auga nunha cunca pequena. Sacar dúas cucharadas para unha taza e gardar para máis tarde.
4. Votar a mitade do queixo na cunca grande. Verter a mistura de ovo e facer unha masa.
5. Comprimir a masa nunha bola e cubrir con film transparente. Gardar no frigorífico 30 minutos.
6. Espolvorear fariña na superficie de traballo. Estirar a masa cun rodillo.
7. Cortar a masa en diferentes formas e colocalas na bandexa do forno.
8. Cun cepillo bañar as formas ca mezcla de ovo restante e cubrir co resto de queixo.
9. Hornear as formas durante dous minutos ata que esten douradas. Deixalas sobre unha rexilla para enfriar.
NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS
"GALLETAS DE MANTEIGA"
Ingredientes (para 8 galletas)
- 50 gramos de manteiga
- 25 gramos de azucre glas
- 1 taza de té de leite
- Esencia de vainilla
- 75 gramos de fariña
PASOS:
1. Poñer a manteiga dentro dunha cunca grande e remover. A continuación tamizar o azucre glas por enrriba e mezclar.
2. Engadir a leite e unha gotas de esencia de vainilla. Mezclar todo na cunca.
3. Tamizar a fariña na cunca e mezclar todo. Apretar para facer unha bola de masa.
4. Espolvorear fariña sobre a superficie de traballo e estirar a masa.
5. Cortar a masa en diferentes formas. Engrasar a bandexa do forno e colocar as formas de masa.
6. Hornear as galletas de seis a oito minutos e deixar enfriar para despois decoralas.

08 marzo 2010

8 de Marzo Día da Muller

Aqui vos deixo esta simpática canción para traballar cos nenos e nenas a igualdade entre ambos sexos.
¡Parabéns a tódalas Mulleres!

02 marzo 2010

Fin da Unidade


Xa rematamos a nosa Unidade Didáctica sobre o corpo Humano, pasamolo en grande e descubrimos moitísimas cousas sobre o noso corpo e as súa posibilidade,recibimos además, a colabroación dos nenos de 4 e 5 anos. Podedes ver todas as fotografías na marxe dereita.

¡Unha aperta!

28 febrero 2010

Cumpreanos feliz


Os nenos e nenas da clase de 3 anos van cumplindo anos e estamos encantados de celebralo todos xuntos.
Este mes foi o cumpreanos de Zaira, Judith e Adrián e por iso construimos unha tarta e todos cantamos o cumpreanos feliz mentres sopraban a súa vela.
¡FELICIDADES!

Aprendemos novas palabras

¡Moitas Grazas! ¡pola vosa colaboración nestes primeiros días do noso Proxecto!
Aqui podedes ver a nosa caixa pirata que xa comeza a ter un montón de recursos para empregar na nosa investigación, Zaira trouxun parche, un garfo e unha bandeira pirata que nos foi de moita axuda e a través dos contos coñecimos moitas palabras novas que imos anotando na nosa pizarra.

Unha de esas novas palabras e a palabra : MOTE. Como sabedes os piratas sempre teñen motes como : o pirata cara de lata, o pirata pata de pao... por iso nesta semana e ca vosa axuda os nenos e nenas de 3 anos deben buscar a seu MOTE PIRATA ca vosa axuda para despois facer un mural na nosa aula.

Premede enrriba da foto para ver todas as que hai.

Agradézovos de anteman a vosa colaboración.
Unha aperta moi forte.
Comezo do Proxecto

Proxecto Pirata


¡Moi Boas! ¡xa estamos de volta!

Nestes días poderedes atopar no lado esquerdo do noso blog un enlace onde poderedes ver todos aqueles proxectos e activdades que fixemos durante o primeiro trimeste como: o noso taller de cociña, a proxecto do corpo humano, a celebración de distintas festas como: samaín, nadal, o día dos dereitos humanos...

Neste novo trimestre os alumnos/as de 3 anos con axuda dos de 4 e 5 levaremos a cabo un proxecto chamado: "Somos Piratas" este proxecto foi elexido democráticamente polos nenos e nenas de tres anos de idade e por iso precisamos toda a vosa axuda e colaboración.

Para comezar precisamos que mandedes á nosa aula todas aquelas cousas que teñades na casa que poidan ser útiles para a nosa invesitgación a cerca dos piratas: roupas, sombreiros, contos, comics, debuxos...

Moitas Grazas