30 enero 2013

DÍA DA PAZ

Este ano, con motivo da celebración da paz, escollemos como temática a situación que viven os poboados saharauís nos campamentos de refuxiados.
 O libro, "Palabras de Caramelo", adaptouse a cada ciclo para partir da historia dos seus protagonistas, Kori e Caramelo (un camelo) que reflicten a vida neses campamentos.
O día da paz, o alumnado de EI visionamos  este video que resume moi ben este relato:


Aínda que cun final un pouco  amargo, gustounos moito a súa historia e pintamos con moitas ganas a Jaima e as palabras fermosas de PAZ para o mural co que homenaxeamos a forza e afán de superación deste pobo.















O Día da Paz tamén lle fixemos oco á música e o baile: "Lovingkindness" (de Martin Luther King) e "Alegría" (de María Fumaça)....TODOS A BAILAR!!!!







18 enero 2013

A DANZA DE ALDÁN

O venres 18 de xaneiro recibimos a visita dun guía e un danzante que nos amosaron algúns dos complementos e pasos que caracterizan a posta en escea desta danza centenaria.
Ámbolos dous, forman ou formaron  parte dos compoñentes desta danza  que conta cunha tradición de máis de 400 anos. Hoxe en día, cada 20 de xaneiro en Aldán, a actuación máis esperada durante a celebración do día de "San Sebastián "








11 enero 2013

CALENDARIO 2012-2013

ESTE ANO, O ALUMNADO DE 3 ANOS, PARTICIPAMOS NA COMPOSICIÓN ARTÍSTICA PARA O CALENDARIO 2012-2013 CONFECIONANDO UN ARCO DA VELLA MOI COLORIDO!!!








08 enero 2013

ASÍ SE FIXO... "Proxecto Apalpador"

Grazas a todos/as por colaborar na recompilación de información e participar nas actividades propostas como parte deste proxecto que culminou co festexo de Nadal onde presentamos e explicamos o traballo realizado. Así o vivimos o alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL,esperamos defrutedes do seu traballo como o fixeron eles.

NOTA: Próximamente fotos e video do festival