Mostrando entradas con la etiqueta Inverno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inverno. Mostrar todas las entradas

22 febrero 2013

O INVERNO

ESTE ANO, O INVERNO CHEGOU CON MOITA FORZA E PARECE QUE NOS ACOMPAÑARÁ DURANTE BASTANTE TEMPO. ASÍ LLE PREPARAMOS UN PEQUENO ESPAZO NO NOSO COLE.


     


                                                       

                             

17 enero 2012

O INVERNO

O final das vacacións de nadal da comezo ao inicio das clases.
Despois de compartir as nosas experiencias, agasallos e novidades decidimos volver ás nosas rutinas e quefaceres diarios e darlle a benvida ao inverno confecionando un mural no que a nosa árbore das estacións puidese desfrutar da compaña do seu novo amigo "o señor copos".


E este foi o resultado!

17 febrero 2011

Canción do mes de Febreiro sobre o Inverno

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística, a canción do mes de Febreiro trata sobre o Inverno, aqui tedes a música e a letra para practicala na casa, ós nenos e nenas de Educación Infantil encántalles. Unha aperta.



O PARAUGAS DO XOSÉ

O paraugas do Xosé
é un paraugas moi maliño,
se lle caen catro gotas...
xa te pos moi molladiño.
Por iso unha rapaza,
por pingando que ela esté,
nunca se porá debaixo...
do paraugas do Xosé

E o que é meu, i-é teu,i-é meu,
e o que é teu, i-é meu, i-é teu,
i-eu non quero que vaias dicindo,
que tumba, que dálle, que tal que sei eu.
(bis)

15 febrero 2011

Folerpa, a nosa Moneca de Neve

Todos os días traballamos sobre distintos elementos do Inverno, nesta semana o tema a traballar foi a neve e como derivación deste centro de interese as "Folerpas" por iso, fixemos no noso recuncho da fantasía unha manualidade sobre un nova amiga: Folerpa, a nosa moneca de neve. Esperamos que vos guste.

17 enero 2011

Xa chegou o Inverno

Os nenos e nenas de Educación Infantil escoitamos este conto para coñecer as características da estación na que nos atopamos: O Inverno.
Aqui vos deixamos o vídeo do conto por se queredes volver a velo na casa. Unha aperta!