12 noviembre 2016

"QUEN TEN MEDO? NÓS NON!!!" - UN SAMAÍN TERRORÍFICO NA ESPIÑEIRA -

A finais de outubro, decidimos involucrarnos na celebración dunha das festas que máis nos gustan do cole: O SAMAÍN ou HALLOWEEN.

Despois de investigar, descubrir o significado de "samaín" e de coñecer máis acerca desta tradicional festividade celta... Puxémonos man á obra, e decidimos colaborar na decoración do cole e da nosa entrada da aula. Encántannos estas cousas!!!






Tamén fixemos actividades un tanto "pringosas" que nos gustaron moitísimo facer! Aquí unha mostra do moco de Samaín-Halloween que fixemos:





- Se queredes a receita, só tedes que preguntar ;)

O día 28 de outubro, celebramos esta festa por tódolo alto dende primeira hora da mañá. O primeiro que fixemos, foi pasar polo chamado "túnel do terror", o cal estaba cheo de cousas que "daban medo", pero nós fomos moi valentes e non conseguiron asustarnos. Ó chegar á biblioteca (despois de pasar o túnel) agardábannos para contarnos un conto de Samaín o alumnado de 5º e 6º de Primaria do cole.

Ós nenos e nenas de 3-4 anos, o alumnado de 6º de Primaria contáronnos o conto chamado "Sacapenas" e, ós de 4-5 anos, os nenos de 5º de Primaria léronnos o conto de "Corre, corre cabaciña".







Grazas polo detalle! Gustáronnos moito os contos!!!

02 noviembre 2016

RETO DE ESPIÑEIRIÑA: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Un luns, ó chegar ó cole, atopamos xunto ás mascotas da clase unha carta dirixida a nós de parte da mascota do cole... Nela, Espiñeiriña contounos que este ano non puido ir de vacacións arredor do mundo como fora o verán pasado... Polo que se quedou na Espiñeira, e ela mesma sorprendeuse do ben que finalmente o pasou grazas ós novos amigos que fixo na charca.

Coa carta, mandounos tamén, unha serie de adiviñanzas para ver se dabamos co nome dun dos amigos ou amigas que fixo este verán e co/a cal viviu grandes aventuras.



Tras ler a carta e a primeira adiviñanza, decatámonos de que tiñamos que ir ata a charca, porque alí recibiríamos máis información para afrontar este reto...!






Tan só nos bastaron 3 adiviñas para telo claro... o becho que se fixera moi amigo de Espiñeiriña era o Verme de seda! Polo que decidimos facerlle un verme ben grande para agasallarlle a Espiñeiriña no seu 13º aniversario