03 diciembre 2017

Saída a Pontevedra: Circopeta!

O pasado 30 de novembro realizamos a nosa primeira saída escolar en autobús deste curso e o vivimos con moitísima ilusión e ledicia. Este deixounos xunto a alameda de Pontevedra e, pese a que ía moito frío, o día soleado permitiunos desfrutar dun bo anaco de tempo xogando libremente no "Parque das Palmeiras" (detrás do edificio da Deputación).









 

Fixemos unha breve parada xunto as estatuas dos músicos da Praza de San Xosé, intres antes de entrar ó teatro.


Xa no auditorio, pasámolo moi moi ben! Aprendimos diferentes formas de facer música e rimos moito grazas as argalladas e tolerías dos protagonistas de Circopeta.



Pronto realizaremos máis saídas tan divertidas coma esta!!! Manterémosvos informadas e informados! ;)

10 noviembre 2017

O outono na Espiñeira

Coa chegada do outono quixemos experimentar de primeira man os cambios que se dan na natureza nesta estación. É por iso que fixemos unha pequena saída polos espazos que rodean o noso cole, observando así directamente algúns dos sucesos e peculiaridades que caracterizan ao outono.

 
 
 

Detivémonos nas árbores do exterior, percatándonos de que hai algunhas ás que non se lle caen as follas e outras ás que si... Destas últimas, observamos as cores das follas, as súas formas, e divertímonos xogando con elas.



Ademais, aproveitando esta saída, fixemos unha pequena visita á charca, coñecendo así algúns dos novos seres que habitan nela.

 


Por outra banda, nesta estación tamén temos dúas grandes festas que, por suposto, non nos quixemos perder.

En primeiro lugar, festexamos o Samaín, enchendo o cole de cabazas moi chulas e comendo uns postres súper orixinais, que estaban de medo! Ademais, como veredes nas fotos, os nosos e as nosas compis de 5º e 6º contáronnos uns contos moi axeitados para esta data.



 

 
 


Xa para rematar esta semana tan completa, celebramos o Magosto. Neste día coñecemos algún que outro xogo popular e comemos castañas todos xuntos, polo que o outono quedou así máis que inaugurado. Aquí tedes algunhas fotos que o demostran...






Un saúdo e ata pronto!

10 octubre 2017

CAMBIOS NO COLE

O 11 de setembro comezamos un novo curso no cole e para algúns/as foi a nosa primeira vez nel. Así, os primeiros días houbo tempo para coñecernos ben, percibir os grandes cambios que fixemos nas aulas, e como non, investigamos cada recuncho do cole para comprobar o resto dos cambios!!!




Divertímonos moito facendo xogos cooperativos para coñecernos mellor. Que ben o pasamos!



Ademais, estreamos a nova aula de psicomotricidade...






...e o traballo coas dúas aulas de infantil comunicadas:







 
  Proximamente saberedes máis de nós e do que estamos a argallar 😀

 Un saúdo a tod@s e ata pronto!