10 noviembre 2017

O outono na Espiñeira

Coa chegada do outono quixemos experimentar de primeira man os cambios que se dan na natureza nesta estación. É por iso que fixemos unha pequena saída polos espazos que rodean o noso cole, observando así directamente algúns dos sucesos e peculiaridades que caracterizan ao outono.

 
 
 

Detivémonos nas árbores do exterior, percatándonos de que hai algunhas ás que non se lle caen as follas e outras ás que si... Destas últimas, observamos as cores das follas, as súas formas, e divertímonos xogando con elas.



Ademais, aproveitando esta saída, fixemos unha pequena visita á charca, coñecendo así algúns dos novos seres que habitan nela.

 


Por outra banda, nesta estación tamén temos dúas grandes festas que, por suposto, non nos quixemos perder.

En primeiro lugar, festexamos o Samaín, enchendo o cole de cabazas moi chulas e comendo uns postres súper orixinais, que estaban de medo! Ademais, como veredes nas fotos, os nosos e as nosas compis de 5º e 6º contáronnos uns contos moi axeitados para esta data.



 

 
 


Xa para rematar esta semana tan completa, celebramos o Magosto. Neste día coñecemos algún que outro xogo popular e comemos castañas todos xuntos, polo que o outono quedou así máis que inaugurado. Aquí tedes algunhas fotos que o demostran...






Un saúdo e ata pronto!