Mostrando entradas con la etiqueta Actividades de Motivación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades de Motivación. Mostrar todas las entradas

18 abril 2015

SEMANA DAS APERTAS


Na clase de 4 e 5 anos iniciamos unha actividade para fomentar a amizade, o respecto e o cariño entre compañeiros/as e amigos/as.
En qué consistía? Pois en dar grandes apertas ao neno/a que tivera no seu poder A insignia das apertas!

Qué contentos estabamos con tanto cariño!
Non deixamos de sorrir!

30 diciembre 2013

DESCUBRINDO O CORPO

PORQUE NON NOS CANSAMOS DE INVESTIGAR E VIVENCIAR AS NOSAS APRENDIZAXES DE FORMA DIRECTA...




...ESTA VEZ DESCUBRIMOS O FUNCIONAMENTO DOS PULMÓNS CON ÓRGANOS REAIS DUN AMABLE  PORQUIÑO QUE NOLOS PRESTOU.


24 febrero 2013

"ESTAMOS FEITOS UNS AGRICULTORES"

Despois do gran éxito da nosa primeira experiencia plantando landras...


...esta semana decidimos continuar a nosa faceta como agricultores e preparar uns semilleiros con diferentes cultivos: leitugas, chícharos, pementos e feixóns.
Este foi o proceso que seguimos:



Participamos así,  no cultivo de alimentos saudables sendo espectadores directos do seu crecemento e desenvolvemento.
Posteriormente, formarán parte da nosa hortiña particular do colexio e trala súa recolleita estimularán os nosos sentidos facéndonos desfrutar de olores ,cores, formas, texturas e  sabores diferentes.
Iniciamos así a nosa formación no programa de "Comer bien es divertido " que terá lugar nas próximas semanas.

19 noviembre 2012

SEMENTAR, SEMENTAREI...

Despois de mes e medio desde a nosa plantación de landras




E do regadío semanal que facemos con moito agarimo



Por fin!! xa comezan a saír os primeiros xermolos...


...en realidade  ún, pero de seguro que non está só.
 AY QUE ILUSIÓN!!!!!!!!


08 octubre 2012

EN BUSCA DAS LANDRAS

COA CHEGADA DO OUTONO DECIDIMOS SAÍR A FACER UN PERCORRIDO POLOS ARREDORES DO COLE.


ADEMAIS DE FOLLAS, ENCONTRAMOS POLO CHAN UN MONTÓN DE FROITOS CHAMADOS: LANDRAS QUE LOGO SOUBEMOS QUE CAÍAN DOS CARBALLOS.


PARECEUNOS BOA IDEA METELAS EN AUGA PARA VER SE FLOTABAN OU NON, POIS AS QUE AFUNDEN NA AUGA SON AS DE MELLOR CALIDADE.

TRAS DOUS DÍAS DE ESPERA COMEZAMOS A SÚA PLANTACIÓN!


AO LONGO DAS SEMANAS E MESES IREMOS COMPROBANDO E REXISTRANDO O SEU CRECEMENTO E SE AS NOSAS PLANTACIÓNS TIVERON ÉXITO.

03 octubre 2012

VISITAMOS A CASA DE ESPIÑEIRIÑA


HOXE VISITAMOS A CASA ESPIÑEIRIÑA!!!, A MASCOTA DA BIBLIOTECA,

É UN CABALIÑO DE MAR QUE DEIXOU A AUGA PARA NAVEGAR POLAS HISTORIAS E CONTOS DO NOSO COLE.
COÑECIMOS  A ESPIÑEIRIÑA E Á PROFRE MILA, QUE NOS FIXERON ENTREGA DOS CARNÉS DE BIBLIOTECA COS QUE LOGO FIXEMOS O EMPRÉSTITO DE LIBROS.


GUSTOUNOS MOITO A EXPERIENCIA, QUE REPETIREMOS CADA MÉRCORES, E MARCHAMOS MOI CONTENTOS COS NOSOS CONTOS.


23 febrero 2011

Os sentidos: gusto, tacto, olfato...

Como primeira achega a nova unidade que estamos a traballar comezamos por identificar os 5 sentidos do noso corpo, os nenos e nenas gozaron dunha actividade de coñecemento de distintos olores, sabores, texidos, sons...


10 enero 2011

Xa estamos todos no Club do Mandilón


Despois de traballar as destrezas básicas de abotoar, desabotoar, poñer e quitar o mandilón por fin todos estamos no Club do Mandilón. ¡ Noraboa Nenos e Nenas !

08 noviembre 2010

Froitos do Outono

Descubre a través da seguinte presentación de imaxes da nosa exposición deste época do ano o sin fin de froitos propios da mesma e os seus nomes en galego, castelán e inglés.
Esperamos que vos guste, unha aperta!

04 noviembre 2010

Traballamos o Outono


Con motivo de coñecer todos os aspectos máis relevantes deste fermosa estación, os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos hoxe pola maña a exposición sobre os froitos do outono situada no corredor principal da escola e fixemos unha pequeña e breve saída ó contorno para observar os cambios físicos y recoller landras e follas secas para a realización de distintas actividades.

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO: