31 marzo 2014

SAÍDA A CANGAS

O pasado mércores 26 de marzo, realizamos unha saída a Cangas onde visitamos o Auditorio para ver a obra de teatro en inglés "Emperor´s new suit".

Nun momento determinado,os actores seleccionaron algúns colaboradores de entre os que se encontraba un compañeiro noso, Miguel de 1º E.P:

E tras o espectáculo, camiñamos polas rúas de Camgas ata chegar ao Mercado.


Alí visitamos os diferentes postos: carnizarías, peixerías, froitarías,...





E para finalizar a xornada, a degustación duns deliciosos amorodos por cortesía da froiteira Merche. Grazas!



15 marzo 2014

SEMANA DA PRENSA



Do 10 ao 14 de marzo conmemoramos a semana da prensa iniciándonos no uso do xornal: como é,  para qué serve, como se presentan as noticias e os seus titulares,...


... e creamos, nós mesmos/as,titulares a partir de fotos que buscamos no xornal.



09 marzo 2014

NA BARRIGUIÑA DE MAMÁ

Grazas á colaboración dunha mamá, puidemos ver en 4D as imaxes e vídeo dun embrión de 4 meses!!!
Foi unha experiencia marabillosa; pero, sen dúbida, o que máis nos impresionou foron os latidos do seu corazón: "Parecía unha carreira de cabalos"!!
Aquí vos deixamos un  anaquiño do vídeo e as nosas impresións.