Mostrando entradas con la etiqueta Outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Outono. Mostrar todas las entradas

16 octubre 2013

UN CONTIÑO DE OUTONO


DAMOS A BENVIDA AO OUTONO!

A medida que pasan os días, o Outono xa se está deixando ver na paisaxe, e no tempo!!!

Ademais, tras visitar a Espiñeiriña, a nosa amiga pediunos axuda para montar o seu outono no colexio.
Así que, fomos recoller algunhas folliñas de outono para estampalas no mural.








Tamén estivemos coñecendo algúns froitos deste tempo; e proveitamos  para observalos, tocalos, ulilos e manipulalos, para non perder detalle.






14 noviembre 2012

O OUTONO

Os nenos e nenas de E.I descubrimos o outono con tódolos sentidos e de tódalas maneiras


  • manipulando e degustando froitos secos (texturas e sabores),




  • confeccionando un mural do outono



  • escoitando e bailando cancións tradicionais e clásicos da música

                         (fai clic nesta foto de VIVALDI para escoitar a música)
  • e preparándonos para a gran festa do Magosto que celebramos por todo o alto cos nosos gorros e cornetes de castaña!!












07 noviembre 2011

O OUTONO CHEGOU Á NOSA ESCOLA

Algo está a cambiar na paisaxe do noso entorno e decidimos saír a observar.




Moitas das árbores están a perder as súas follas.

Hai moitas no chan de diferentes formas, tamaños e cores que parecen formar un manto no chan. Observamos cómo son e recolectamos as que se ven máis enteiriñas.






Case todas son marróns ou amarelas.....as cores do outono!!!!





01 diciembre 2010

A Castaña que rebentou de Risa

Animamos a traballar con este conto na casa : "A Casta que rebentou de risa", aqui tedes varios enlaces co conto e actividades:

http://dl.dropbox.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/magosto/recursos/castanharisa.pdf

http://www.madenglishouse.eu/outono-magosto/Comic.pdf

08 noviembre 2010

Froitos do Outono

Descubre a través da seguinte presentación de imaxes da nosa exposición deste época do ano o sin fin de froitos propios da mesma e os seus nomes en galego, castelán e inglés.
Esperamos que vos guste, unha aperta!

04 noviembre 2010

Traballamos o Outono


Con motivo de coñecer todos os aspectos máis relevantes deste fermosa estación, os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos hoxe pola maña a exposición sobre os froitos do outono situada no corredor principal da escola e fixemos unha pequeña e breve saída ó contorno para observar os cambios físicos y recoller landras e follas secas para a realización de distintas actividades.

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO:

28 octubre 2009

Chegou o Outono

Aínda que o tempo non é propio desta estación do ano, ¡Xa estamos en Outono!.
Paro os nenos e nena de 3 anos é o seus primeiro ano como exploradores deste contorno na escola.
Por iso decidimos facer unha saída polos arredores da escola para buscar follas secas e landras e utilizaremos para facer un precioso mural desta estación, actividades manuais e poñer na mesa de exposición que temos na aula cós fruto do outono.

Disfrutade cás instantáneas.
Unha aperta