11 diciembre 2018

ASÍ COMEZAMOS...

Iniciamos un novo curso e, como non podía ser menos, fixemos un percorrido por tódalas aulas do cole. Aínda que moit@s de nós xa as coñecíamos..., foi unha sorpresa atopar a novas caras entre o alumnado e o profesorado.




Como primeira toma de contacto cos novos compañeiros e compañeiras que comezaron a andadura escolar na Espiñeira, realizamos xogos cooperativos e pasámolo xenial.








En días posteriores, co período de adaptación terminado, e cunhas condicións meteorolóxicas favorables, investigamos os exteriores do cole e seguímolo facendo!

- Carballeira:





- Invernadoiro:


- A charca:



 



- Xogos no patio:





- Recreos no patio de area:



Ata aquí a transmisión das nosas primeiras aventuras! Vémonos con algunha que outra máis para contar ;)









09 septiembre 2018

Información da reunión inicial


Boas!

Como vos dixemos, deixamos á vosa disposición a información proporcionada na reunión inicial.

Podedes acceder á presentación amosada en dita reunión CLICANDO AQUÍ.

Recordade que ao final deste documento está todo o referido ao periodo de adaptación.

Saúdos!!


04 septiembre 2018

Reunión de inicio de curso





Bos días!!!

A volta ao cole xa é oficial: o vindeiro mércores 12 comezaremos as clases cos nenos e nenas, mais para ir preparando o inicio de curso realizaremos unha reunión informativa ESTE VENRES, DÍA 7, ÁS 12:30.

Esta xuntanza ten como fin aclarar algúns aspectos referidos a este novo curso, tanto para os nen@s de 3 anos (que realizarán o correspondente período de adaptación), como para os de 4 e 5 anos.

Para todos aqueles que non poidan asistir, colgaremos a información proporcionada nesta reunión no blogue, así que estade atent@s!!

Un saúdo e vémonos pronto.

28 agosto 2018

Graduación 2018

O alumnado de 6º de Educación Infantil celebrou o final dunha etapa moi bonita cun acto de graduación en condicións, onde non faltou un vídeo no que repasaron o seu paso e evolución ó longo destes anos en infantil, así como a entrega dun diploma de superación da etapa e o que dá a benvida a primaria.

Aquí, o vídeo homenaxe a este estupendo alumnado que se nos vai..., pero non moi lonxe 😀



Instantáneas de cada un dos nenos e nenas momentos antes da recollida de diplomas...














MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO! SODES XENIAIS!

DESEXÁMOSVOS O MELLOR NESTA ETAPA QUE IDES COMEZAR EN BREVE!!!
 



27 agosto 2018

REMATE DO PROXECTO DA AUGA

A piques de comezar un novo curso... imos recordar de que maneira rematamos este.

Como conclusión da nosa investigación sobre o mundo mariño realizada durante o 3º trimestre no cole, saímos ata a ría de Aldán para coñecer un dos traballos relacionados co mar máis típicos da costa galega, o marisqueo.



Moitísimas grazas ás mariscadoras por atendernos e ensinarnos cal é a vosa labor!

Tamén fixemos unha saída ás praias para comprobar de primeira man como a area de cada praia cambia con respecto ó grosor, forma, cor... e explicáronnos o porqué disto. Visitamos 3 praias: Areamilla, Praia "Das Cunchas" e a Praia do Medio.

Ademais, houbo tempo para facer unha parada xunto a lagoa de Massó e tamén para observar os seres que habitan nas pozas que o mar forma entre as rochas.


Con estas dúas saídas puxemos fin ó Proxecto da Auga que tanto deu de si durante case todo este curso 2017-2018.

Grazas ás familias pola vosa colaboración e aportacións (a través de exposicións vivenciais, impresos que nos enviáchedes, actividades suxeridas, charlas...).

Bo verán e deica pronto!

16 junio 2018

Saída final de curso: Granxa Kiriko!

E por fin chegou o día! A granxa Kiriko agardaba por nós!!! Así, montamos moi ledos no autobús e con grandes expectativas.

Chegamos á granxa con choiva, pero iso non supuxo un impedimento para pasalo realmente ben, xa que tiñamos gañas de aproveitar a estancia.

- Obradoiro de pan:










 - A casiña dos pavos:




 
- Invernadoiro:




 



- Comida:











- A vida na granxa:





























Polo que vedes, a choiva non impediu a nosa participación activa en todas as actividades que tiñamos previstas e incluso, ás veces, resultou un aliciente máis para a diversión!😉
 Desfrutamos moitísimo da experiencia!