Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas

14 mayo 2012

BAILAMOS "NA PUNTA DO PÉ"

O noso primeiro concerto non podería ser mellor!! Viaxamos ata Moaña para asistir ao espectáculo do grupo Pesdelán que interpretou as cancións do seu disco "Na punta do pé".
Antes de comezar cargamos as pilas repoñendo forzas coa merenda e leite
e ao soar a música....
botámonos a bailar sen miramentos ata que nos cansaron os pés.

28 abril 2011

Correlingua 2011

O vindeiro 4 de Maio os nenos e nenas do CEIP Espiñeira-Aldan acudiremos ó "Correlingua 2011" en Bueu. Xa sabedes, precisamos que traiades unha camiseta branca vella á escola para poñer a nosa palabra favorita en galego, o nosos nome e o nome do nosos Centro.
Se picades enrriba da imaxe atoparedes a letra do Himno e podedes escoitar a canción picando na frecha que pon Mp3 nesa páxina. Esperamos que vos guste.

02 diciembre 2010

Visita á Panadería

A nosa visita á panadería foi un éxito, descubrimos todo o proceso de producción do pan, das empanadas e dos doces. Dende aqui agradecemos a colaboración á empresa "Rogelio Iglesias e hijos". Podedes ver o power point do percorrido feito polos nenos e nenas de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria.

21 abril 2010

Contos en Cantos

A pasada semana viaxamos en autobús ata Cangas para ver este fantástico espectáculo musical cheo de cancións en galego que acompañan a preciosos contos.

Recomendamos este grupo para calquera idade: