23 marzo 2013

EXPERIMENTAMOS CON..."ABSORCIÓN VERTICAL"

Xa nos estreamos como científicos realizando o noso primeiro experimento sobre a "Absorción vertical":


Original Video - More videos at TinyPic

21 marzo 2013

PLANTANDO NA HORTA!!

Algunhas das legumiñas que plantamos nos semilleiros non se fixeron esperar e medraron o suficiente para transplantar á horta.


Así que,... alá nos fomos a plantar!!!!





Feixóns e Chícharos xa forman parte da nosa hortiña particular!



19 marzo 2013

ANIVERSARIO MARA

Ainda que tivemos que esperar algúns días... celebramos o 4º aniversario de Mara como se merece:


Decorando unha bonita coroa
Cantando e bailando
Felicitándoa

E  degustando un riquísimo biscoito do que non deixamos nin as migallas!!!


MOITAS FELICIDADES MARA!!!

PARECE UNHA ROSA!!

Queremos compartir convosco outro dos traballos do alumnado de Infantil en homenaxe ao Día de Rosalía de Castro.Esperamos que vos guste!!


ROSALÍA DE CASTRO.pdf by apalpador

15 marzo 2013

VISÍTANOS RAMÓN CARIDE

Hoxe, tamén recibimos a visita do escritor Ramón Caride que compartiu con nós algúns dos relatos que escribiu.


Polo que sabemos, este escritou tamén ten un pouco de científico posto que exerce como profesor de ciencias nun Instituto.
Pero desta vez, a súa visita estaba relacionado cas súas obras literarias e, no noso caso, co libro "Bertiño Rompetodo".


Trátase dun conto que limos nas aulas de Educación Infantil e que nos resultou moi divertido.
Ramón Caride explicounos que o seu protagonista, "Bertiño", está inspirado na súa filla que, polo que sabemos, era un pouco "traste" ao igual que o personaxe.


     
Cantas cousiñas e curiosidades aprendemos!!!!!!!

14 marzo 2013

LEBORIZ CHEGA ÁS AULAS DE INFANTIL

Hoxe recibimos a agradable visita de Javier, un traballador dos laboratorios LEBORIZ, que visitou a nosa aula para introducirnos no impresionante mundo da ciencia.


Descubrimos que hay laboratorios en moitísimos lugares: nos hospitais, nas fábricas de xoguetes, nas naves espaciais,... e que alí traballan os científicos e científicas.
Tamén nos contou que existen seres vivos tan pequeniños que só podemos ver coa axuda dun microscopio e que algúns deles son os responsables de enfermidades:
Ameba

 Gangrena

Neumonía

Pero para nós tróuxonos unha mostra en forma de peluches moi graciosos.





Ademáis presentounos algúns materiais de laboratorio que nos foi amosando á vez que aprendíamos o seu nome e utilidade; e  todo isto a través dun conto do que non quixemos perder detalle!!!

GRAZAS POLA TÚA VISITA JAVIER!!!!!!!!!!

RECUNCHO DA CIENCIA LEBORIZ

XA DISPOÑEMOS NA AULA DUN ESPACIO PROPIO NO QUE DESENVOLVEREMOS O MÉTODO CIENTÍFICO NA BÚSQUEDA DE RESPOSTAS ÁS NOSAS PREGUNTAS.


ESTE RECUNCHO NACE DO TRABALLO "INTERCENTROS"  QUE ESTAMOS A REALIZAR NESTE COLEXIO XUNTO CO CEIP CASTRILLÓN-COIRO E O CEIP VALLE INCLÁN DE VIGO. ADEMAIS CONTAMOS CO APOIO E A  ESTREITA COLABORACIÓN DA UNIDADE DE CULTURA CIENTÍFICA DO CSIC EN GALICIA "O INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN DE CIENCIAS MARIÑAS" (IIM)  E O LABORATORIO "LEBORIZ" QUE, ADEMAIS DE DAR NOME AO NOSO RECUNCHO, DONOU GRAN PARTE DO MATERIAL DE LABORATORIO DO QUE DISPOÑEMOS NO RECUNCHO: GAFAS DE PROTECCIÓN, GUANTES, BATAS, PIPETAS, TUBOS DE ENSAIO, PINZAS, PLACAS PETRI,...
COMEZAMOS ASÍ UNHA NOVA ANDAINA POLO MUNDO DA INVESTIGACIÓN, A FORMULACIÓN DE HIPÓTESIS E A EXPERIMENTACIÓN QUE NOS GUSTARÍA COMPARTIR CON VÓS, AS FAMILIAS.
POR ISO NAS PRÓXIMAS SEMANAS POÑEREMOS EN CIRCULACIÓN UN MALETÍN MOI ESPECIAL NO QUE TEREDES A OPORTUNIDADE DE COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA COS VOSOS FILLOS E DEIXAR CONSTANCIA DO VOSO PASO POLO MUNDO CIENTÍFICO.
A INVESTIGAR E A DESFRUTAR!!!!!!!!!





13 marzo 2013

"COMER BIEN ES DIVERTIDO"

Hoxe, recibimos a visita de tres rapazas do proxecto "Comer bien es divertido" (en colaboración coa AECC, Asociación Española Contra o Cancro).


 Foi unha experiencia moi divertida que nos permitiu descubrir a procedencia  dos alimentos e algunhas das súas características tocándoos e manipulándoos...






observándoos...


 e xogando coa nosa creatividade



Tamén aprendemos que é importante seguir unha  alimentación equilibrada e facer alomenos 5 comidas diarias. Para iso, xogamos a elaborar algúns menús diarios



E a dicir verdade, non nos quedaron nada mal!! Mirade que variedade!!!

08 marzo 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, DÍA 8 DE MARZO DE 2013 non celebramos senón que.... REIVINDICAMOS!!!


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA



Visionamos algúns videos sobre a orixe e o porqué deste día.


Ademáis, o alumnado de 6º curso deleitounos cun conto versionado e animado por eles mesmos e unha canción en inglés moi representativa...


"WOMAN FOR AROUND THE WORLD"



Para saber máis: ver blog English Espiñeira

07 marzo 2013

BALEADAS

A saída deste 2º trimestre fixémola ata o Auditorio de Cangas onde tivo lugar a actuación de Traspediante coa súa obra "Baleadas".
Aquí tedes unha pequena introducción do que vimos:


Para saber máis podedes acceder ao seu blog no seguinte enlace : 

06 marzo 2013

24 FEBREIRO 2013: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU NA CONMEMORACIÓN DESTE DÍA RECITANDO O  POEMA "PARECE UNHA ROSA"
QUE GRANDES POETAS ESTAMOS FEITOS!!


Original Video - More videos at TinyPic

05 marzo 2013

A ONDE TEÑO QUE IR MERCAR?

Hoxe, Nicole tróuxonos un anaco de biscoito que fixo coa súa nai. Como estamos a traballar os alimentos aproveitamos para familiarizarnos con distintos postos que hai nos mercados: froitería, panadería, peixería,... e chegamos á conclusión de que se quixeramos mercar un biscoito como o dela teríamos que ir á panadería ou pastelería.
Por iso, escenificamos algúns xogos de rol facendo de panadeiros e clientes, e fixemos uso dalgúnS instrumentos para pesar, como a "balanza" e utilizamos "diñeiro" para poder mercar.





Pasámolo moi ben!!!