28 agosto 2018

Graduación 2018

O alumnado de 6º de Educación Infantil celebrou o final dunha etapa moi bonita cun acto de graduación en condicións, onde non faltou un vídeo no que repasaron o seu paso e evolución ó longo destes anos en infantil, así como a entrega dun diploma de superación da etapa e o que dá a benvida a primaria.

Aquí, o vídeo homenaxe a este estupendo alumnado que se nos vai..., pero non moi lonxe 😀



Instantáneas de cada un dos nenos e nenas momentos antes da recollida de diplomas...














MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO! SODES XENIAIS!

DESEXÁMOSVOS O MELLOR NESTA ETAPA QUE IDES COMEZAR EN BREVE!!!
 



27 agosto 2018

REMATE DO PROXECTO DA AUGA

A piques de comezar un novo curso... imos recordar de que maneira rematamos este.

Como conclusión da nosa investigación sobre o mundo mariño realizada durante o 3º trimestre no cole, saímos ata a ría de Aldán para coñecer un dos traballos relacionados co mar máis típicos da costa galega, o marisqueo.



Moitísimas grazas ás mariscadoras por atendernos e ensinarnos cal é a vosa labor!

Tamén fixemos unha saída ás praias para comprobar de primeira man como a area de cada praia cambia con respecto ó grosor, forma, cor... e explicáronnos o porqué disto. Visitamos 3 praias: Areamilla, Praia "Das Cunchas" e a Praia do Medio.

Ademais, houbo tempo para facer unha parada xunto a lagoa de Massó e tamén para observar os seres que habitan nas pozas que o mar forma entre as rochas.


Con estas dúas saídas puxemos fin ó Proxecto da Auga que tanto deu de si durante case todo este curso 2017-2018.

Grazas ás familias pola vosa colaboración e aportacións (a través de exposicións vivenciais, impresos que nos enviáchedes, actividades suxeridas, charlas...).

Bo verán e deica pronto!