25 febrero 2015

ENTROIDO 2015

Na confección do traxe de cavernícolas, o alumnado de Infantil tamén quixemos colaborar; por iso tomamos medidas.....
 

...e ultimamos os preparativos cosendo e incluíndo algúns detalles :

(Clica na seguinte maxe para ver o video)


O Entroido foi todo un éxito!!!! e nin a chuvia nin o mal tempo enfriaron o noso bo ánimo e as ganas de troula!!!!

Desfilamos, bailamos e cantamos ben alto a canción "ESPIÑEIRA MOLA!"que di moito de nós, do que representamos e o que reivindicamos.
Aquí tedes o último ensaio do pedaciño de canción interpretado polo alumnado de Infantil.

"Quero estudar contigo,
aprender contigo
xogar contigo
medrar contigo
Espiñeira mola!
Espiñeira mola!"

08 febrero 2015

DÍA DA PAZ 2015

Para coñecer máis sobre o significado da paz accedimos a este LIM sobre "A pomba Mari Paz"

   Tamén coloreamos a pombiña para facer un bonito colgante e en asemblea consensuamos o que significaba a paz para nós e o que poderiamos facer para levarnos mellor.
Saíron moitas cousiñas:
Podemos levarnos mellor...

PAULA- Portándonos bien
RUBÉN- Jugando!
LIDIA- Haciendo dibujos
NOAH- Con caricias
VIOLETA-Hacer cosquillas
ROQUE-Abrazando!
DARÍO- Riendo
ROSALÍA- Con besos!


Escribimos as nosas propostas e recollémolas no video que podedes ver na páxina web do cole!
Accederedes pinchando no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/node/619