18 abril 2015

SEMANA DAS APERTAS


Na clase de 4 e 5 anos iniciamos unha actividade para fomentar a amizade, o respecto e o cariño entre compañeiros/as e amigos/as.
En qué consistía? Pois en dar grandes apertas ao neno/a que tivera no seu poder A insignia das apertas!

Qué contentos estabamos con tanto cariño!
Non deixamos de sorrir!

16 abril 2015

SAÍDA: UNHA VIAXE POLA MÚSICA!

Hoxe, tivemos a oportunidade de viaxar a través da música ao longo da Historia sen movernos das butacas.

Incluso fomos partícipes directos na identificación de fragmentos musicais de máis actualidade!

Unha gran experiencia!

15 abril 2015

COAS MANS NA MASA...PARA DEBUXAR!

A profe Carmen sorprendeunos cunha nova e interesante técnica plástica!!!
Para conseguir esta pintura tan orixinal mesturamos auga, fariña e colorante... que viscosa!

Hai que embadurnarse ben e botar a andar a nosa creatividade!

Menudas obras de arte!! e é que nos encanta descubrir novas formas de crear pinturas e soportes para debuxar e colorear!

02 abril 2015

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

CUMPRIRON ANOS DURANTE O 2º TRIMESTRE DO CURSO...