28 octubre 2009

O Samaín


Esta semana imos a celebrar a festa popular galega do Samaín. O próximo Venres 30 de Outubro faremos unha festa con baile de disfraces, talleres, exposición de libros de medo, lectura de lendas e meigallos...
Convidamos a todos os pais e nais que desexen a asistir á celebración a partir das 12.30 da mañá.
Andamos estes días a aprender esta canción para o venres, aqui tedes letra e música para praticar na casa:
Samaín (Mamá Cabra)




">

Chegou o Outono

Aínda que o tempo non é propio desta estación do ano, ¡Xa estamos en Outono!.
Paro os nenos e nena de 3 anos é o seus primeiro ano como exploradores deste contorno na escola.
Por iso decidimos facer unha saída polos arredores da escola para buscar follas secas e landras e utilizaremos para facer un precioso mural desta estación, actividades manuais e poñer na mesa de exposición que temos na aula cós fruto do outono.

Disfrutade cás instantáneas.
Unha aperta

Primeiros días de Clase

Os primeiros días de clase sempre son traumáticos, inolvidables e especiais. Nenos e Maiores precisan pasar un período de adaptación que ás veces non resulta doado para ningún.
Déixovos cunhas instantáneas dos nenos e nenas de 3 anos nos seus primeiros días de escola.