22 diciembre 2021

E CHEGOU O NADAL

Boas familias!

Xa estamos rematando o trimestre e aínda parece que empezamos onte!

Estes dous meses tivemos unha "manchea" de actividades coas que gozar e aprender.

No magosto pasámolo xenial cos xogos que tiñamos preparados e na merenda comemos unhas castañas asadas boísimas.













Recibimos a marabillosa visita de Oli e agasallounos representando varias das súas obras.



Tamén celebramos o Día das Biblioteca escolares cunha Xincana onde nos divertimos no noso gran tesouro: o noso patio.








Celebramos o Día da non Violencia representando unha coreografía do tema "Que non mo neguen" de Tanxugueiras, en colaboración cunha familia. Ademais, colaboramos na realización dun mural onde participou todo alumnado do cole e desfrutamos realizando unha xincana proposta pola ANPA.


























Colaboramos coa Asociación "Cangas Vella" onde un anaquiño da Rúa Real de Cangas está engalanada coas nosas campás.





Nos proxectos de cada aula nos embarcamos en varias aventuras...
























E para o derradeiro día do trimestre… FESTA!!!









Agora xa só nos queda felicitarvos o Nadal e agardamos que o ano que está a piques de comezar sexa moito mellor que este.

Apertas e Bo Nadal para todas e todos!!!