05 marzo 2013

A ONDE TEÑO QUE IR MERCAR?

Hoxe, Nicole tróuxonos un anaco de biscoito que fixo coa súa nai. Como estamos a traballar os alimentos aproveitamos para familiarizarnos con distintos postos que hai nos mercados: froitería, panadería, peixería,... e chegamos á conclusión de que se quixeramos mercar un biscoito como o dela teríamos que ir á panadería ou pastelería.
Por iso, escenificamos algúns xogos de rol facendo de panadeiros e clientes, e fixemos uso dalgúnS instrumentos para pesar, como a "balanza" e utilizamos "diñeiro" para poder mercar.





Pasámolo moi ben!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada