14 marzo 2013

LEBORIZ CHEGA ÁS AULAS DE INFANTIL

Hoxe recibimos a agradable visita de Javier, un traballador dos laboratorios LEBORIZ, que visitou a nosa aula para introducirnos no impresionante mundo da ciencia.


Descubrimos que hay laboratorios en moitísimos lugares: nos hospitais, nas fábricas de xoguetes, nas naves espaciais,... e que alí traballan os científicos e científicas.
Tamén nos contou que existen seres vivos tan pequeniños que só podemos ver coa axuda dun microscopio e que algúns deles son os responsables de enfermidades:
Ameba

 Gangrena

Neumonía

Pero para nós tróuxonos unha mostra en forma de peluches moi graciosos.





Ademáis presentounos algúns materiais de laboratorio que nos foi amosando á vez que aprendíamos o seu nome e utilidade; e  todo isto a través dun conto do que non quixemos perder detalle!!!

GRAZAS POLA TÚA VISITA JAVIER!!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada