09 abril 2016

NOVOS SERES QUE HABITAN NA CHARCA!!!

Esta semana unha alumna de 3º de Primaria tróuxonos crías de rás nunha botella, tamén coñecidas como "renacuajos", cágados ou "cucharillas"; e con moito interese vimos como eran, que cor tiñan e que forma e tamaño presentaban.


Tras isto, preguntámonos en que lugar do recinto da escola estarían mellor estes seres tan entrañables... Non nos levou moito tempo pensalo, e fomos directos á charca!


Os encargados das dúas aulas de infantil foron os elixidos para botar ós "renacuajos" na que xa é a súa casa: A CHARCA!