21 mayo 2017

E CHEGOU A PRIMAVERA...

BENVIDA resultou a entrada da primavera, xa que os nenos e nenas de infantil puidemos realizar múltiples experiencias en contacto coa natureza, observando a súa vez os cambios que experimentaba a nosa contorna.

Celebramos os maios cun gran obradoiro e saímos a lucir as nosas coroas, colares e pulseiras, feitas con pampillos, polas rúas da parroquia de Aldán.






Tamén tivemos tempo de plantar na nosa horta contruibuindo, un ano máis, ó mantemento e respecto do noso planeta con boas accións. Así, convertímonos en agricultores/as:






 "Aquí sufrimos un pequeno imprevisto coa mangueira... que pronto solucionamos ; )"

 
Para observar as diferenzas no proceso de plantación, tamén empregamos un sementeiro que se atopa no corredoiro, xunto as nosas aulas. Cada día observamos a súa evolución e velamos polo seu mantemento. Só esperamos que o noso traballo dea os seus froitos : )


Por outro lado, xa brotaron as follas da moreira do cole e case ó mesmo tempo naceron as nosas eirugas, que xa teñen que comer! Co paso das semanas vanse facedendo máis grandes e estamos expectantes e atentos á súa evolución. Dispoñemos de luvas, lupas, follas de moreira... indispensable para garantizar un bo mantemento e, en consecuencia, a supervivencia dos bechos.




Nós continuamos aprendendo e realizando múltiples actividades e novas experiencias... Manterémosvos informad@s.

Ata a próxima!!!

1 comentario:

  1. Pero canto aprenden estes nenos e nenas!!! Grazas polo traballo que levades a cabo con eles e elas. Esperamos ver en breve como segue a horta...😉😋🥗🍓🍅 Grazas.

    ResponderEliminar